Sociedad | Actualidad
CONCELLO DE OURENSE

O Concello dálle luz verde ao plan de transporte metropolitano

Pretende darlle servizo a un radio de poboación de 137.250 potenciais usuarios dos que o 77,9% corresponden á cidade de Ourense.

El concello aprobaba ayer en xunta de goberno local el convenio con la Xunta de Galicia / Concello de Ourense

El concello aprobaba ayer en xunta de goberno local el convenio con la Xunta de Galicia

Ourense

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou o convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na área de transporte metropolitano de Ourense. Complementariamente, aprobouse outro convenio centrado na colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia e a empresa Autobuses Urbanos de Ourense, S.L., como contratista do transporte urbano municipal, para a determinación das áreas de transporte metropolitano de Ourense. Ambos convenios terán vixencia ata o 31 de decembro de 2019.

“Con estes convenios desbloqueamos por fin o plan de transporte metropolitano de Ourense, un proxecto que se leva demandando sen éxito nos últimos 5 anos”, dixo o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. “O Plan é, ante todo, un plan social, que facilita e abarata os desprazamentos do dia a día dos cidadáns”. No caso de Ourense estamos de acordo 8 concellos con diferentes cores políticos. Os sete concellos restantes -Amoeiro, Barbadás, Coles, Pereiro de Aguiar, Punxín, San Cibrao das Viñas e Toén- xa aprobaran o texto do convenio, polo que se pretende darlle servizo a un radio de poboación de 137.250 potenciais usuarios dos que o 77,9% corresponden á cidade, con 107.000 habitantes.

“É un plan social porque permitirá bonificacións das tarifas ás familias que utilicen o autobús, cunha tarxeta única que convivirá coa tarxeta actual, de aí o segundo convenio que aprobamos hoxe”, explicaba o rexedor, “e poderán facer desprazamentos con descontos medios no billete no entorno do 40% e con transbordos gratuítos para todos os usuarios”. Así, se son usuarios recorrentes, -máis de 40 viaxes ao mes- terán un 15% de desconto adicional; mentres que se son familias numerosas, haberá descontos que irán do 20% ao 50%. Cada concello analizará e proporá segundo informes técnicos bonificacións adicionais. Os aforros medios calcúlanse en 600 euros anuais.

Coa nova medida social anunciada pola Xunta para que os menores de 18 anos teñan transporte interurbano metropolitano de balde, perséguese garantir un mellor futuro da mocidade galega promovendo o uso do transporte público e a accesibilidade ao mesmo, facéndoo cada vez mais competitivo fronte ao vehículo privado. Esta medida social adicional en Galicia beneficiará a uns 250.000 menores de 18 anos e en Ourense prevese que chegue a 20.000 menores dos 8 concellos da área.

O plan de transporte metropolitano precisa dun investimento de 300.000 euros cada ano, dos que o 82% serán achegados pola Xunta de Galicia, cunha estimación de máis de 500.000 viaxes por ano a subvencionar. “A previsión é podelo poñer en marcha canto antes, en canto a Xunta estea en disposición técnica para executala, coas complexas adaptacións tecnolóxicas que así o permitan”, dixo.

Outros asuntos da xunta de goberno local

Un total de 28 expedientes achegados polas diferentes áreas municipais foron os que tratou esta mañá a xunta de goberno local do concello de Ourense: dezaseis expedientes de asesoría xurídica; tres expedientes en materia urbanística, dos que cómpre salientar a cesión de 3 inmobles valorados en 457.734 euros ao IGVS para a construción de vivenda protexida no Casco Vello (Cervantes 14 e rúa Villar 3 e 5) para a construción de 15 vivendas; un convenio para a realización dun campo de traballo na cidade este verán; as bases do concurso para o cartel das Festas de Ourense 2016, o proxecto de modificación da ordenanza municipal de limpeza de terreos e solares e de protección contra incendios forestais; as bases para a selección de proxectos formativos de Participación Cidadá para o ano 2017; e a aprobación da ordenación decrecente das ofertas presentadas para a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de desratización, desinsectación e desinfección no termo municipal (ao que se presentaron dez empresas).

Fóra da orde do día, ademais, aprobouse un expediente de modificación de créditos por importe de 2.398.743,43 euros que ten como finalidade executar o que establece a Lei de Estabilidade Orzamentaria respecto ao uso que se debe dar ao superávit orzamentario. É dicir, unha vez contratados ingresos finais e gastos executados, a diferencia debe ter como primeiro destino pagar as obrigas que quedaron sen recoñecer no ano anterior: principalmente, facturas recibidas en 2015 pero que non se chegaron a aprobar no propio exercicio orzamentario. Afecta a preto de 80 partidas, e as principais son o contrato de recollida de lixos e limpeza viaria (721.000 euros), subministro de enerxía eléctrica Alumeado Público (598.000 euros), descarga de residuos sólidos en planta de Sogama (237.000 euros) e contrato do servizo de transporte urbano (204.000 euros). Este expediente debe ser aprobado polo pleno do Concello, sendo suficiente a maioría simple.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00