O nivel da ximnasia galega en aumento
A Ximnasia galega abandona o último posto

A ximnasta Rebeca Bello, en plena competición / CGPabellón

Ourense
Finalizado o Campinato individual absoluto e de clubes e autonomías, celebrado en Guadalajara este fin de semana, seguimos observando o nivel da ximnasia galega en aumento, abandonando cada vez máis asiduamente os últimos postos da clasificación.
O equipo pavillonista formado por Lucía González Yebra (mazas),Rebeca Bello Rodríguez(cinta),María Rodríguez Cancio(aro) e Sabela Rodríguez Rodríguez (pelota), colocouse no posto nº 42 dos 59 equipos participantes, todos eles de gran nivel.
Lucía e Rebeca comenzaron a competición con moita templanza e, salvo algunhas pequenas imprecisións, realizaron un exercicio sen erros considerables.María e Sabela vironse afectadas pola presión que impón unha competición desta indole e tiveorn as dúas erros importantes que fixeron que o seu exercicio non lucira como en outras ocasións ás que teñen habituados ós afeccionados ca ximnasia ourensá.
Descubre la nueva app de Cadena SER Te ofrecemos una mejor experiencia de audio y video
DescargarDe novo, tras esta competición, o Club Ximansia Pavillón Ourense segue a manterse entre os primeiros clubs galegos.
A próxima cita nacional será para as categorías junior e senior, na que o club ourensán consegiu clasificar a tres equipos, ademáis de Nerea Sastre, subcampiona galega, que competirá no individual absoluto os días 23 e 16 de xullo de novo en Guadalajara, pero antes, os equipos prebenxamíns, alevín e infantil do club, así como varios individuias, pasarán polo Autonómico de Promoción, o Sábado día 18 de xuño no Paviillón de Os Remedios de Ourense.




