Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O CSIC presenta "Atlas arqueolóxico da paisaxe galega"

undefined

Santiago de Compostela

Das mámoas do Primeiro Neolítico ás primeiras parcelarias na Idade do Cobre e do Bronce, pasando polo mundo castrexo das paisaxes fortificadas ata a época romana e primeira medieval na que se define a paisaxe tradicional galega; todo este percorrido dende o 4.500 antes de Cristo é o que realiza o Atlas arqueolóxico da paisaxe galega que edita Xerais e que recompila anos de investigación en Galicia. 

Non se trata dun atlas ao uso, trátase máis ben dunha interpretación a partir da paisaxe de como viviron e evolucionaron os nosos ancestros. Entre os casos de estudo figura a paisaxe megalítica da Serra do Barbanza e a paisaxe de terrazas do monte Gaiás en Santiago. A obra contén 300 páxinas e 18 láminas.

Como actividade complementaria para chegar ao público xeral terán lugar unha serie de actos de presentación da obra nas principais cidades galegas.

Trátase dun traballo colectivo do CSIC no que teñen colaborado moitas das persoas que nos últimos anos pasaron polo Instituto de Ciencias  do Patrimonio (Incipit). Entre os seus autores están César Parcero, Felipe Criado, Carlos Otero, Elena Cabrejas e Anxo Rodríguez.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir