Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Economía y negocios
DIPUTACIÓN OURENSE

Misión comercial USA- Ourense

Durante dous días o Centro Cultural “Marcos Valcárcel” e o parador de Santo Estevo serán os escenarios dos encontros entre empresarios ourensáns e norteamericanos, que buscarán canles de negocio nos ámbitos tecnolóxico, agroalimentario, turístico-termal e de innovación

Manuel Baltar visitou hoxe xunto a Juan Verde as dependencias do centro cultural / Diputación de Ourense

Manuel Baltar visitou hoxe xunto a Juan Verde as dependencias do centro cultural

Ourense

A misión, certificada polo Goberno de Estados Unidos, estará encabezada pola congresista de California Loretta Sánchez e polo exembaixador dos EEUU en España Alan Solomont, sendo o anfitrión do evento o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, e contando coa coordinación e organización a cargo de Juan Verde, presidente da Fundación Advanced Leadership.

O obxectivo da misión é impulsar as relacións entre empresas de USA e Ourense en sectores que favorezan sinerxias e creación de emprego na provincia ourensá.

Alo longo das dúas xornadas, con sesións de maña e tarde, os empresarios ourensáns e de Estados Unidos participarán en encontros bilaterais e en paneis informativos e relatorios sobre posibilidades de investimento en Ourense, conferencias que contarán coa presenza de expertos en comercio exterior e con representantes da CEO, do Inorde e da Cámara de Comercio.

Esta acción de relacións institucionais no ámbito comercial entre Ourense e USA é a primeira vez que se produce en Galicia, xa que, por primeira vez, o Goberno de Estados Unidos certifica e avala unha misión comercial destas características. O labor que desenvolveron ao longo destes meses previos os especialistas da Fundación Advanced Leadership dirixiuse a identificar oportunidades de negocio, na busca de socios locais empresariais e de investidores, e tamén na promoción de servizos e produtos e na elaboración de informes de investigación de mercados.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir