Música
CONCELLO OURENSE

Ariel Rot pon o peche de ouro a unha noite adicada ao mellor son do rock

O arxentino será teloneado polo ourensan M Carballo, e unha hora antes actuará o gañador do concurso de pop-rock da SGAE “Galicia Creativa”, Juan José Ramos.

O arxentino será teloneado polo ourensan M Carballo, e unha hora antes actuará o gañador do concurso de pop-rock da SGAE “Galicia Creativa”, Juan José Ramos. / Coveralia

Ourense

O Concello de Ourense programa para esta edición das Festas do Corpus 2016 (25 xuño – 3 xullo) unha novidosa actividade para os máis pequerrechos da casa. Por primeira vez chega á cidade o taller “Apicirc”, unha actividade máxica dirixida especialmente aos bebés e que aúna o circo co mundo das abellas.

A agrupación catalana Pessic de Circ instalará na Alameda do Bispo Cesáreo, entre o mércores e o venres, un pequeno mundo dentro de cinco cúpulas xeodésicas. No seu interior os bebés e mais os seus pais terán acceso a un mundo cheo de obxectos, marionetas, e xoguetes artesáns feitos de madeira, corcho, tela ou bambú.

O obxectivo é que os peques aprendan cousas sobre as abellas e a súa importancia na polinización e o mundo natural, as súa forma de vida e funcións animados por os responsables de Apicirc, que realizarán xogos malabares mentres atenden os máis pequenos, e en compañía dos seus pais.

O horario do taller será de mañáns entre as 11,00 e as 13,00 horas e pola tarde de 18,30 a 20,30 horas.

Fenómeno das redes sociais

A Alameda do Bispo Cesáreo acollerá tamén en dúas funcións, ás 12,00 e as 20,00 horas, a actuación de Fuman Musicoloco, un artista que vén de converter unha das súas últimas actuacións nun auténtico fenómeno de redes sociais.

Fuman Musicoloco ten formación musical en percusión e no Rockservatorio, tamén conta cunha preparación circense na Escola de Crico Carampa (Madrid). No seu espectáculo aúna o malabarismo coa música que fai coas súas máquinas de sons, nas que se agolpan tambores, platos, bucinas, tixolas ou cencerros, a golpe de malabar.

O espectacular da súa proposta ten feito que unha recente gravación en mobil dun concerto seu nas rúas de Zaragoza fose visto por máis de 20 millóns de persoas en cinco días e compartido miles de veces até o punto de que varias empresas de todo o mundo xa se puxeron en contacto co artista para xestionar os dereitos do vídeo.

Concerto flamenco

Os amantes do flamenco terán unha cita este mércores na Praza de San Martiño, as 20,00 horas para escoitar a un dos novos valores da guitarra, o xoven Daniel Casares (1980). O malagueño presentará na cidade o seu disco “Picassares”, unha homenaxe ao seu paisano Pablo Picasso “dende a liberdade de expresión”.

A música de Casares e unha mestura espontánea do flamenco máis tradicional aprendido dos seus mestres, Ramón Montoya e Niño Ricardo, coas músicas do jazz estadounidense, que o está a converter nun dos referentes do novo flamenco.

Noite de rock

Unha hora más tarde, ás 21,00 horas o músico coruñés Juan José Ramos chega á cidade da man da Sociedade Xeral de Autores. O seu rock clásico gañou o último concurso “SGAE Galicia Creativa”, no apartado de “Pop-rock. Concerto de presentación”. A cita será na Praza do Ferro.

E sen tempo para perder o ritmo, ás 22,30 comezará o grande concerto da xornada. O ourensán M Carballo actuará como teloneiro de Ariel Rot. O galego chega co seu novo disco “Canciones desde el viejo café”, rock clásico e elegante que bebe das augas do Miño coma se estivese no corazón do Mississippi.

Ariel Rot é unha das grandes citas das Festas do Corpus 2016. O músico arxentino, que está a gravar novo disco de estudo, chegará á cidade cun concerto no que repasará parte da súa historia de máis de 30 anos de amor ao rock e ao pop de máis calidade en castelán.

Rot, nado en Bos Aires, ten formado parte de grupos míticos da música española como Tequila ou Los Rodríguez, e ten unha carreira en solitario chea de cancións que son un referente entre varias xeracións. Unha cita imprescindible para quen queira entender a evolución do mellor rock español dende finais dos 70.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00