Economia y negocios
CONCELLO OURENSE

Técnicos coordínanse para abrir as termas do Muíño da Veiga

O retraso das choivas – até o mes de abril caeu case tanta auga que en todo 2015- motiva que a canle do río Miño siga alta e incida directamente na presión da estación termal bloqueando o acondicionamento da mesma.

O retraso das choivas – até o mes de abril caeu case tanta auga que en todo 2015- motiva que a canle do río Miño siga alta e incida directamente na presión da estación termal bloqueando o acondicionamento da mesma. / ourenses

Ourense

O Concello apura a apertura das termas do Muíño da Veiga nos vindeiros días logo de que técnicos de Termalismo, Gas Natural – Fenosa e Ecourense, empresas que xestionan o encoro de Velle e a limpeza municipal, respectivamente, se reunisen hoxe ata en dúas ocasións (xunto co alcalde, Jesús Vázquez, e os concelleiros responsables de Limpeza e Termalismo, José Araújo e Isabel Castelo, respectivamente) para atoparlle solucións ao problema do acondicionamento das mesmas. De feito, os xestores dos embalses comprometéronse a facilitar ao Concello axuda e colaboración, dentro das súas posibilidades, para liberar o caudal do río.

O problema estriba no nivel da canle de auga do río Miño, máis alto do habitual nestas datas debido ao atraso das choivas en 2016: até o mes de abril caeu máis auga do que en todo o 2015 (480 litros por metro cadrado nese período do ano, fronte aos 495 litros por metro cadrado totais de 2015), segundo datos da Aemet), e os encoros deben liberar auga sen perder o nivel de produción de enerxía eléctrica. Cabe destacar que o embalse de Belesar (río Sil), xestionado por Iberdrola; e o de Velle (río Miño), xestionado por Gas Natural, han de coordinarse para manter o caudal que permita á empresa Ecourense, empresa responsable do Servizo Municipal de Limpeza, acondicionar as Termas do Muíño da Veiga. Como queira que o manancial do Muíño da Veiga se atopa dentro da propia terma, a canle do río incide directamente na presión do mesmo e enche a instalación termal.

Esta mesma mañá, técnicos das tres partes reuníronse até en dúas ocasións para desbloquear o acondicionamento das termas e podelas abrir o antes posible. Por unha banda, Gas Natural coordinarase con Iberdrola, empresas ambas que explotan os encoros do río, e comprometerse a ir baixando a súa cota, durante a noite do sábado ata a noite do domingo, ata o mínimo ecolóxico que permita os traballos de limpeza. Pola outra, Ecourense afirma que traballará toda a noite do sábado, e durante a xornada do domingo, se o nivel do río Miño así o permite, para acondicionar as instalacións do Muíño da Veiga e podelas abrir ao público con prontitude. De feito, a empresa concesionaria comprométese, dadas as escasas horas das que disporá para realizar estes traballos, a traballar durante a noite, duplicando incluso a plantilla destinada á limpeza destas termas.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00