Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Sociedad
XUNTA GALICIA

A Xunta rematará en agosto a explanada dos novos accesos ao hospital

A conselleira de infraestruturas indicó que o Goberno galego tratará de acelerar as obras para que os ourensáns poidan contar axiña con accesos adecuados e dispoñer do servizo ás instalacións que están a ser ampliadas

A conselleira de infraestruturas indicó que o Goberno galego tratará de acelerar as obras para que os ourensáns poidan contar axiña con accesos adecuados e dispoñer do servizo ás instalacións que están a ser ampliadas / Xunta de Galicia

A conselleira de infraestruturas indicó que o Goberno galego tratará de acelerar as obras para que os ourensáns poidan contar axiña con accesos adecuados e dispoñer do servizo ás instalacións que están a ser ampliadas

Ourense

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto coa delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, o alcalde, Jesús Vázquez, e o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, visitaron as obras de construción dos novos accesos ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, cuxa explanada estará rematada a finais de agosto para comezar de xeito inmediato a conexión dos servizos necesarios para o funcionamento do hospital.

Vázquez Mourelle indicou que a Xunta tratará de acelerar as obras, para que os ourensáns poidan contar, o antes posible, con accesos adecuados e dispoñer do servizo ás instalacións hospitalarias que están a ser ampliadas.

Estas actuacións, que contratou e está a executar a Axencia Galega de Infraestruturas, por encomenda do Servizo Galego de Saúde, contan cun orzamento superior aos 1,3 millóns de euros.

Vázquez explicou que os traballos comezan con forza e estase a realizar o movemento de terras. Precisou que se trata de obras complicadas porque hai que facer unha escavación grande en roca para a formación da explanada e a continuación, procederase á execución de firmes, á pavimentación de beiravías e entrada de garaxes.

O proxecto contempla o levantamento de muros de contención para salvar a diferenza de altura entre as rúas Nosa Señora da Saínza e Cruceiro Quebrado. Instalaranse tamén as redes de servizos (saneamento, abastecemento, alumeado...) e procederase á sinalización e á instalación de mobiliario urbano.

A conselleira concretou que se van construír dúas novas vías que darán acceso ao que será a zona ampliada do complexo hospitalario e que contarán con dous carrís, zona de aparcadoiro e beirarrúas.

Neste proxecto estanse a ter en conta necesidades complementarias, ofrecéndolle un mellor servizo aos usuarios coa creación de 32 novas prazas de aparcadoiro na zona.

A responsable de Infraestruturas subliñou que esta actuación é un bo exemplo de que coa cooperación entre distintas administracións se poden sacar adiante proxectos importantísimos para a prestación dun mellor servizo aos cidadáns, xa que grazas á colaboración entre Xunta Deputación Provincial de Ourense e Concello de Ourense, a atención sanitaria aos ourensáns e aos veciños de toda a área de influencia verase incrementada e mellorada.

Ponte do Milenio

A urbanización dos accesos ao CHUO é a segunda actuación que, desde a Consellería de Infraestruturas e Vivenda se pon en marcha nesta semana en Ourense, posto que este luns daban comezo as obras de reparación da Ponte do Milenio, cun investimento de medio millón de euros.

A conselleira tamén visitou hoxe estas actuacións e salientou que estas obras son unha mostra máis da aposta que está a realizar o Goberno galego por esta cidade.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir