Falece un conductor nun sinistro no concello do Saviñao
Lugo
Un home de 45 anos faleceu este luns tras unha saída de vía co coche que conducía antes das catro da tarde na estrada LU-533, entre Chantada e Monforte de Lemos, ao seu paso por Ponte de Belesar, no municipio do Saviñao.
A Central de Coordinación do 061 recibiu unha alerta por accidente de tráfico ás catro menos vinte da tarde, ante a cal se trasladou un equipo médico a bordo do helicóptero con base en Ourense, que nada puido facer para salvar a vida do único ocupante do turismo.
O cadáver tivo que ser excarcerado polos bombeiros de Chantada, que tamén se desprazaron ao lugar do sinistro, ademais dos efectivos do parque comarcal, Garda Civil de Tráfico, Policía Local e voluntarios de Protección Civil. Tamén se desprazaron unha ambulancia e persoal sanitario do PAC de Chantada.