Últimas noticias Hemeroteca

Brais Lamela: un chairego sementando lucensismo por medio planeta

Aos seus 22 estuda Economía e Literatura Comparada nos Estados Unidos e acumula experiencias vitais en Italia, India, Cuba ou incluso na coñecida Ruta Quetzal

Brais Lamela /

A historia de Brais Lamela non é a dun rapaz común da provincia de Lugo. Aos seus 22 anos, este rapaz da Ponte de Outeiro (Castro de Rei), suma máis experiencias vitais ao longo do mundo que a maioría de mortais.

Na actualidade, Brais Lamela estuda a súa carreira universitaria nos EE.UU tras facer o Bacharelato Internacional en Italia. Na súa bagaxe acumula experiencias como a Ruta Quetzal, "unha experiencia incrible que me apaixoaba dende pequeno", ou algúns periplos pola India ou Cuba. Este chairego de 22 anos fala catro idiomas e a súa teima é formarse.

Brais Lamela estuda o terceiro curso universitario en EEUU, combinando a Economía e a Literatura Comparada, nun modelo educativo "moi distinto ao que pode ser o Español". O ano que vén rematará os seus estudos, e aínda que confesa non saber o que vai facer, gustaríalle "continuar aprendendo e probar cousas distintas", algo que en Galicia non é moi común entre os seus amigos, que buscan atopar traballos.

Un pouco descolocado polos rápidos cambios que está vivindo o mundo, Brais Lamela apunta que hai que formarse continuamente para adaptarse ás distintas realidades. Con todo, unha das principais aficións de Brais Lamela, é a literatura. Este chairego xa publicou traballos premiados en distintos certames.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?