Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Tenis
TENIS

A XII edición do Torneo Nacional de Tenis do Club Fluvial de Lugo reunirá a máis dun cento de deportistas

Este torneo, que deu comezo o 12 de setembro, continúa disputándose ata o 25 de setembro coa fase final da categoría absoluta masculina

Concello de Lugo

Lugo

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, o Xefe Territorial de Deportes, Manuel Otero “Cadramón”, o responsable da sección de tenis do Club Fluvial de Lugo, Manuel Castiñeira, e o técnico de tenis deste club, Jacobo Núñez, presentaron este mércores no Salón de Plenos a XII edición do Torneo Nacional de Tenis do Club Fluvial de Lugo.

Miguel Fernández felicitou ao Club Fluvial “por conseguir para a nosa cidade traer un evento a nivel nacional como este, xa non só polo aspecto deportivo, senón tamén polo turístico, posto que estamos a falar de que serán máis dun cento de deportistas os que acudiran a esta cita, que pretende consolidarse dentro do calendario tenístico español”.

O concelleiro tamén invitou a todos os lucenses a acudir ás instalacións do Club Fluvial para gozar do deporte do tenis, recordando que o acceso é libre e gratuíto para todos os espectadores.

Pola súa parte, Jacobo Núñez explicou que o torneo deu comezo nas fases previas, o pasado día 10 de setembro, en todas as categorías, disputándose a fase final absoluta entre o 22 e o 25 de setembro. Tamén agradeceu ás institucións e empresas a colaboración prestada para a realización deste evento.

Nesta edición, a maioría dos participantes proveñen doutras comunidades autónomas, contando coa presenza de xogadores de máximo nivel nacional, entre eles, Quino Muñoz, que é o número 24 de España, Jordi Muñoz, xogador da Copa Davis con Venezuela, Jorge Hernando, que é o 750 da ATP, ou incluso Roberto Menéndez, o campión do mundo +35. Haberá competición masculina e feminina en todas as categorías, Benxamín, Alevín, infantil, Cadete, Júnior e absoluto.

A fase final absoluta masculina disputarase entre os doce xogadores aceptados de forma directa e outros catro provenientes da fase previa. Este torneo estase a converter nun dos de maior prestixio de Galicia, que nesta edición reparte 4.000 euros en premios na categoría individual masculina, dotado con 1.000 euros para o gañador, 500 euros para o segundo clasificado, 250 euros para os semifinalistas, 125 euros para os cuartofinalistas, e 62,50 euros para os clasificados en oitavos de final.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir