Música
Música clásica

Arranca a cuarta tempada do ciclo Enclave de Cámara 2016 – 2017

O xoves ás 20:30h no Teatro Principal inicia co concertó da Real Filharmonía de Galicia

Ourense

Arranca a cuarta tempada do ciclo Enclave de Cámara 2016 – 2017, promovida polo Concello de Ourense con colaboración da Deputación de Ourense, o Teatro Principal de Ourense e a Corporación Radio e Televisión de Galicia.

O xoves ás 20:30h no Teatro Principal inicia co concertó da Real Filharmonía de Galicia na procura de que a presencia dunha das orquesta máis prestixiosas de España, convoque e satisfaza tanta aos fies como a novos ointes do Enclave de Cámara para esta nova tempada.

Este ano ademáis o ciclo, incrementa os vínculos de comunicación co público mediante a nova web, www.enclavedecamara.com, e a presencia en redes sociais, facebook e twitter, @enclavedecamara, procurando unha maior facilidade e axilidade na súa relación co público e acceso a información.

O concertó do vindeiro xoves, brindaranos a oportunidade de escoitar a Real Filharmonía de Galicia, orquesta que xunto a Sinfónica representan dúas das mellores orquestras españolas. A Real Filharmonía nacida en 1996 representa en si mesma o concepto de espírito aberto, conciliador e amable que abrangue a música, está formada por cincuenta músicos de diferentes nacionalidades que uniron a súa experiencia, tradición musical, empeño e ilusión. Xunto a eles, mestres como Helmuth Rilling, o primeiro director titular da orquestra que achegou a forza e o pulo necesario para iniciar este proxecto; Antoni Ros Marbà, que consolidou a súa traxectoria durante catorce anos e, agora, Paul Daniel, dende xaneiro de 2013, novo director titular, tiveron e teñen a responsabilidade de conducir esta formación musical.

O seu traballo permitiu que especialistas de recoñecido prestixio aceptaran colaborar e compartir momentos de grande plenitude musical: Frank Peter Zimmermann, Daniel Hope ou Vadim Repin (violín); Natalia Gutman, Lluís Claret ou Enrico Dindo (violoncello); Joaquín Achúcarro, Rudolf Buchbinder ou Eldar Nebolsin (piano) e cantantes como Teresa Berganza, Thomas Quatshoff ou Matthias Goerne. E, por suposto, importantes directores de renome, como Frans Brüggen, Juanjo Mena, David Afkham, Hansjörg Schellenberger, Josep Pons, Christop König ou Jonathan Webb, actual principal director convidado, puxeron a batuta á fronte da orquestra.

Nesta ocasión o concerto que se presenta para nova tempada do Enclave de Cámara 2016-17 está integrado por obras para formación a tres trompetas con Javir Simó, Ramón Llátser e Diego Aragón e obras para a Real Filharmonía en formación de orquestra cámara con máis de vinte músicos dirixidos por James Dahlgren, concertino-director. O programa inclúe pezas de Carl Philipp Emanuel Bach, Felix Mendelssohn, Petro Franceschini, Benjamin Britten, na primeira parte, e dúas obras de Edvard Grieg na segunda.

O Concertino-Director, James Dahlgren, ademais da seu traballo na Real Filharmonía é Concertino Honorario da Orquestra Nacional de Oporto, con Zaven Melikian no Conservatorio de San Francisco. Logo de traballar durante cinco anos coa Orquestra da Ópera de San Francisco, aceptou o posto de concertino na Orquestra Metropolitana de Lisboa e máis tarde o de concertino asociado na Orquesta Ciudad de Granada. Tras chegar a Europa, traballou tamén como concertino invitado da London Philharmonic Orchestra, Royal Liverpool Philharmonic Orchestra e a New Zealand Symphony Orchestra, entre outras. Foi premiado no concurso internacional María Canals en Barcelona. É profesor de violín na Escola de Altos Estudos Musicais, en Santiago de Compostela, e ocupa o posto de concertino da Real Filharmonía de Galicia dende o ano 2005.

Tamén destacar aos tres trompetas protagonistas deste concertó:

Javier Simó, realiza os seus estudos no Conservatorio “Joaquín Rodrigo” de Valencia con Leopoldo Vidal, obtendo o Premio Extraordinario de Fin de Carreira. Prosegue a súa formación na Academia de Trompeta de Bremen (Alemaña) con Bo Nilsson, Pierre Thibaud e Thomas Stevens; e en Malmö (Suecia) con Hakan Hardenberger. Foi trompeta solista da Philarmonie des Schleswig-Holstein Musik Festival ata a súa incorporación á Real Filharmonía de Galicia en 1996, da que é o seu trompeta principal. Colaborou, entre outras, coa Orquesta del Palau de les Arts de Valencia baixo a dirección de Lorin Maazel. Tamén colaborou como primeiro trompeta co Bach Collegium de Stuttgart invitado por Helmuth Rilling. No eido da música de cámara ten actuado co Ensemble de Música Contemporánea do CGAC e con Galicia Brass. Ofreceu recitais cos organistas Marisol Mendive e Bruno Forst e con Loreto Aramendi. Profesor en excedencia do Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela, na actualidade é docente na Escola de Altos Estudos Musicais dende a súa creación en 1998. Foi profesor no Centro Superior de Música del País Vasco “Musikene

Ramón Llátser é trompeta coprincipal da Real Filharmonía de Galicia desde 2001 e ten colaborado con distintas formacións como a Orquesta Sinfónica de Madrid, Orquesta Ciudad de Granada, Orquesta Sinfónica del Principado de Asturias, Orquesta del Gran Teatre del Liceu e a Orquesta Sinfónica de Castilla y León; ademais de desenvolver un importante labor camerístico co Taller Atlántico Contemporáneo, Barcelona Brass Ensemble e Galicia Brass. Formouse musicalmente na Escola de Música de Vinaròs, sendo membro na súa xuventude da Societat Musical l’Aliança e da Unió Musical de Traiguera. En 2001 obtivo o Título Superior de Trompeta no Conservatorio Superior de Música de Valencia coas máis altas cualificacións, así como o premio de Honra Final de Carreira. Continuou os estudos de música na Musikhögskolan i Malmö, dependente da Universidade de Lunds (Suecia) con Hakan Hardenberger e Bo Nilsson; ademais de asistir a clases e cursos de perfeccionamento con trompetistas como Pierre Thibaud, Leopoldo Vidal, Luis González, Michael Sachs, Tom Stevens, Javier Simó ou Max Sommerhalder, entre outros. En 2014 obtén o Título de Máster en Servizos Culturais na Universidade de Santiago de Compostela. Nos anos 1999 e 2000 gañou o Primeiro Premio no II e III Concurso Nacional de Jóvenes Intérpretes “Vila d’Albuixech” (Valencia) e en 2004 conseguiu o terceiro premio no Concurso Internacional “Yamaha”, celebrado en Madrid.

Diego Aragón, aos oito anos comeza os seus estudos de trompeta na Escola de Música de Corella e ingresa na banda municipal. Remata a súa formación no Conservatorio Superior de Música do País Vasco “Musikene” cos profesores Luis González, Javier Simó e Pacho Flores. No transcurso da súa formación recibe os premios de interpretación Fernando Remacha (Conservatorio Fernando Remacha, Tudela), Fermín Gurbindo (Conservatorio Profesional de Música de La Rioja), o premio á mellor interpretación da obra obrigada do Concurso ALNAFIR de Córdoba e o primeiro premio ex aequo do concurso permanente de Xuventudes Musicais de España. Na actualidade compaxina os seus estudos na Escola de Altos Estudos Musicais (Santiago) coa práctica en orquestras profesionais como a Orquestra do Liceo e a Orquestra Sinfónica de Bilbao, entre outras.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00