Ocio y cultura
Festivales cine

'Santoalla', de Andrew Becker e Daniel Mehrer, filme inaugural do 21 OUFF

O OUFF clausurará esta edición o próximo 4 de novembro coa proxección de 'Pedro Páramo' (Carlos Velo, 1966), en colaboración co Espazo Carlos Velo.

Ourense

O Festival de Cine Internacional de Ourense terá como filme de apertura desta edición 'Santoalla', a opera prima dos estadounidenses Andrew Becker e Daniel Mehrer.

Este filme documental xira arredor de Martin Verfondern e Margo Pool, unha parella de holandeses progresistas, que só tiñan un soño: vivir no campo, lonxe das limitacións e complicacións da cidade. Con todo, ao chegar á aldea galega de Santoalla (lugar no que se rodou 'Sempre Xonxa', de Chano Piñeiro), estes estranxeiros desafiaron as tradicións da única familia residente na localidade, iniciando un conflito de máis dunha década que culminou coa misteriosa desaparición de Martin. Mentres esta terra esquecida se ve inmersa no centro da polémica, Margo atópase procurando non só respostas, senón a forza para seguir adiante.

O OUFF clausurará esta vixésimo primeira edición do Festival coa proxección de Pedro Páramo (Carlos Velo, 1966), un filme de drama e fantasía baseado na coñecida novela homónima de Juan Rulfo que, tras seis anos de preparación, foi presentado en 1967 no Festival de Cannes.

Na obra, tras a morte da súa nai Dolores Preciado, o mozo Juan Preciado viaxa á vila de de Comala na busca do seu pai, Pedro Páramo, ao que non coñece. Cando chega, atopa unha vila abandonada e misteriosa onde se escoitan voces e estraños murmurios.

O Festival de Cine Internacional de Ourense busca rendir a súa particular homenaxe á figura do ourensán Carlos Velo a través deste filme, do que se proxectará unha copia en 35mm cedida pola Filmoteca UNAM.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00