La Ventana de las RíasLa Ventana de las Rías
Ocio y cultura
Momento coruñento

Ferrol vello

A Coruña

É Ferrol Vello un barrio dotado,

Cheo de asfalto e de adoquín,

A vella Pysbe e auga corrente,

Ai! Ferrol Vello te pareces a Madrid.

Ferrol, Ferrol, Ferrol, rol, rol !Tan perto, tan lonxe.Como un cofre dos tesouros,sempre a agardar a aquela, a aquel, que saiba descubrilo.

Tras do que queda de Esteiro, esplendor obreiro; tras da apoteose rectilínea do Barrio da Magdalena - racionalista, modernista e tamén militar-; alá nos agarda a orixe de todo:

Ferrol Vello, empoleirado nun castro que se deita ao mar no peirao de curuxeiras. Non coñezo ritual máis fermoso –e mesmo algunha vez o temos practicado na Tropa da Tralla - que desembarcar nesa dársena; catar un petisco no Anca ou no Coral-vellas taberna da ribeira-; e, de seguido, berrar en brinde, ben forte cara o vento: Viva a Virxe Parrocheira !(que é como lle chaman no lugar á virxe do Socorro, en honra das antigas vendedoras do peixe, as parrocheiras).

Din que Ferrol Vello está a caer, e é certo. Mais, alén das campañas de rehabilitación, hai outros antídotos máis rápidos, baratos-aínda que fugaces- para reencontrármonos de súpeto con tanta fermosura, con tan antigo esplendor.

Este sábado na celebración do dezaoito aniversario da FundaçomArtabria –parabéns- coincidín cun grande mestre: Manolo Bacallau. Fixo unha marea enTerranova e xa lle quedou Bacallau para sempre. Unha artista extraordinario, cantor de guitarra e tasca, que domina toda a música galega, con epicentro en Ferrol. Por favor entren nesta cantiga, e convértanse para en devotas e devotos da marabilla: Ferrol Vello.

Dende a Coruña, grazas Manolo Bacallau por tanto talento: Ferrol, Ferrol, Ferrol, rol, rol !

(canta Manolo Bacallau)

É Ferrol Vello un barrio dotado,

Cheo de asfalto e de adoquín,

A vella Pysbe e auga corrente,

Ai! Ferrol Vello te pareces a Madrid.

Y los turistas en el verano

Bizcos se van a quedar

Cuando vean a las chicas de aquel barrio

Canfurneando por Bonilla

y otro lado.

Polo barrio de Esteiro víronte pasar

E o Portuarios viña de ganar

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00