Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
SER Deportivos LugoSER Deportivos LugoDeportes
Burela Pescados Rubén

O Burela FS tentará dar a sorpresa fronte o inter

Os laranxas buscan a os primeiros puntos da tempada

Burela fs

Lugo

O Pescados Rubén-Burela FS pechará este sábado a apertada semana inicial de Primeira LNFS cun gran desafío. Visita a casa do campión entre campións, o Movistar Inter FS, que se estreará ante a súa afección fronte aos laranxas e coas cámaras de Teledeporte (Jorge Garbajosa, 13.00 horas).

  • CONVOCATORIAS

“Somos moi conscientes de que é un encontro moi complicado e máis na súa casa. O noso partido centrarase en defender ben, non baixar os brazos e intentar aproveitar as oportunidades” explicaba o meta Álex Pérez, a piques de subir ao autobús rumbo ao destino da segunda xornada.

O 13 laranxa foi un dos grandes protagonistas do mércores ante o Palma Futsal, cunha traballada e eficaz segunda parte: “A primeira parte foi moi ben. O inicio do segundo tempo custounos. Co segundo gol chegounos a ansiedade pero ao final puidemos volver ao partido co porteiro-xogador, a piques de conseguir o empate. Tan só queda seguir traballando”, reflexionaba Álex, que comeza a súa segunda tempada na Mariña “máis asentado”, con máis experiencia e madureza.

“Atópome en bo momento, con ganas de achegar ao equipo e seguir mellorando para que Dani siga confiando en min” explicaba o porteiro madrileño, competindo samente coa incorporación de Joan Miñano e esperando o regreso de Edu: “Temos que seguir igual, traballando os tres e despois xa será decisión do adestrador”.

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

jose Rodriguez, compañero de Ser Mariña (14/10/2016)

00:00:0000:06
Descargar

A escadra mariñá, que partiu este venres ás 14.00 horas cara a Torrejón de Ardoz, xa se viu as caras en pretempada con Movistar, no Torneo Burela Bonita, con vitoria para os de Velasco (0-4).

Copa do Rei

Os pupilos de Daniel Ibañes terán, de novo, pouco tempo para o descanso. O martes, 18 de outubro, visitarán o Prone Lugo (municipal de Deportes, 21.00 horas) na segunda eliminatoria da Copa do Rei.

Copa Galicia

Tras o sorteo celebrado o martes pasado pola FGFS, o cadro mariñá xa coñece a identidade do seu rival en cuartos de Copa Galicia. Será o Cidade de Narón, de Segunda División, como primeiro do Grupo A, tras impoñerse ao Concello de Begonte (1-8) e Ventorrillo (4-3).

Pola súa banda as rapazas de Lucas enfrontase o Rubi.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir