Últimas noticias Hemeroteca

Domingo, 15 de Diciembre de 2019

Otras localidades

Catro conxuntos clasificados para o nacional

Dúas pratas e catro conxuntos clasificados para o nacional, resultado acadado polas pavillonistas no galego de conxuntos de nivel absoluto

Os cuatro conxuntos do Pavillón Ourense, clasificados para o Nacional /

No Pavillón Municipal das Travesas, en Vigo, tivo lugar o campionato galego de conxuntos nivel absoluto, clasificatorio para o nacional. O Pavillón Ourense, participaba con dous conxuntos infantís, un junior e un senior. Os catro conxuntos acadaron a clasificaión para o nacional que se celebrará en Murcia entre os días 1 e 4 de decembro.

Na categoría infantil, a de máis nivel de toda a competición, o conxunto formado por Lucía, Sabela Rodríguez, María Rodríguez, Rebeca, Paula, Sara Blanco, e Sabela de Martín, obtiveron a prata, detrás do Escola Acordes, despois dun primeiro pase con algún erro e un segundo pase moito máis correcto. Lembramos que este conxunto foi clasificado tamén para a Copa de España, na que Galicia estará representado por cinco conxuntos ( un alevín, dous inafantís, un junior e un senior).

O conxunto infantil formado pora Sara Cid, Claudia, Julia, Uxía Fernández, Candela Díaz e Candela Pérez, todas elas de primeiro ano da categoría, foron cuartas con dous pases moi regulares e prácticamente ser erros.

Na categoría senior formado por (Sara Faílde, María Agregán, Ana Blanca, Nerea e Antía), que acudiu a esta cita con tres xinmnastas lesionadas, realizou un primeiro pase con moitos erros que as sacou dos postos de pódium. No segundo pase conseguiron mellorar moito a nota. colocándose na cuarta posición. Lograron pódium nesta categoría Club Esquío, Club Maniotas e Club Violeta.

Na categoría junior, Candela Sierra, Eva Paula do Olmo, Uxía Fernández e Lorena, foron segundas detrás do Club Treboada, sendo terceiro o Club María Barbeito.

O Pavillón Ourense sensegiu así os catro conxuntos no Nacional, para o que se clasificaban os cinco primeiros de categoría.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?