SER Deportivos LugoSER Deportivos Lugo
Deportes
Futbol sala

Prone e Burela FS disputan o derbi no Municipal

O partido correspondente á Copa do Rei e será ás 21 horas, con con entrada gratuíta

Burela fs

Lugo

O Pescados Rubén Burela FS arranca unha semana de derbis. Estrearase este martes recuperando o anhelado duelo provincial, ante o Prone Lugo AD, na segunda eliminatoria da Copa do Rei (municipal de Lugo, 21.00 horas, entrada gratuíta). Será tan só tres días antes de recibir en Vista Alegre, na 3ª xornada de Primeira, o Santiago Futsal (21.00 horas), que recalará na Mariña cun meritorio inicio ligueiro.

Os pupilos de Daniel Ibañes mediranse a un Prone na penúltima praza de Segunda, que se fai forte na casa. Nas dúas xornadas disputadas en Lugo empatou con UMA Antequera (1-1) e impúxose ao Betis (3-1).No entanto, fóra fraquea, con 5-0 ante Rivas Futsal, 4-2 en Tenerife e 7-5 fronte ao Barcelona B.

A última vez que se viron as caras lugueses e mariñáns foi na pretempada, o 10 de setembro, no Trofeo Cetárea Sport de Luarca, que caeu do lado dos da cidade amurallada grazas aos penaltis, tras un rifadísimo 2-2.

Convocatoria Pescados Rubén: 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 11. Chano, 12. Petry, 13. Álex, 18. J. Bellvert, 20. Miñano, 21. Cuco, 23. Antoñito, 27. Renato, 30. Hélder

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00