Natxo Lezkano: “témonos que centrar xa en Lleida”
Lezkano está sorprendido coa boa xeira de resultados tan cedo

Natxo Lezkano, adestrador do CB Breogán (centro) / CB Breogán

Lugo
Aínda dixerindo a gran victoria do Cafés Candelas Breogán ante o Quesos Cerrato Palencia, o preparador celeste, Natxo Lezkano, apuntou que o equipo chegará a Lleida case sen adestrar.
O adestrador vasco sinalou que o Lleida fixo unha pretempada moi boa, cun moi bo equipo e xogadores "con gran impacto ao comezo da competición". "Non me sorprende o seu rendemento", sinalou Lezkano.
En relación ao encontro ante Palencia, Lezkano apuntou que "temos que corrixir algúns erros, porque o partido perfecto é moi difícil que se de". Ao xogar contra un dos equipos máis esixentes da liga "florecen os erros, e iso ten que servir para aprender".
En relación á incorporación de Jorge Romero apuntou que "agardo que se integre rápido, porque Salva Arco está con algúns problemas físicos". A día de hoxe, o 14 celeste "está moi dolorido, aínda que agardo que se recupere e poida botarnos unha man en Lleida".

undefined
- Lezkano está sorprendido polo rendimiento "INMEDIATO"

undefined




