Hora 14 LugoHora 14 Lugo
Actualidad
Cultura

Margarita Ledo recibe o premio Ramón Piñeiro, Facer País

A cineasta, escritora e catedrática da USC natural de Castro de Rei cre que o xurado valorou o seu traballo sobre feminismo e ecoloxía

Margarita Ledo / Cadena SER

Margarita Ledo

Lugo

A escritora, cineasta e catedrática da Universidade de Santiago de Compostela Margarita Ledo vén de ser recoñecida coa décimo quinta edición do premio Ramón Piñeiro, Facer País, da Asociación Cultural Val de Láncara en colaboración con entidades desa comarca.

No fallo do xurado, que se deu a coñecer onte na sede do Consello da Cultura Galega, recoñécese o compromiso da académica natural de Castro de Rei con Galicia "na súa actividade profesional como xornalista, escritora, docente e cineasta".

O xurado tamén valorou o seu papel como "partícipe fundamental no proceso de dignificación e renovación dos valores propios da cultura galega, con especial atención á presenza da lingua nos novos medios de comunicación".

Margarita Ledo mostrouse agradecida polo premio. En declaracións a Radio Lugo dende Cabo Verde -onde participa no congreso Lusocom da rede do mesmo nome que ela preside- sinalou o feminismo e a ecoloxía como conceptos centrais do seu traballo na actualidade.

La escritora y catedrática Margarita Ledo tras recibir el premio Ramón Piñeiro, Facer País (21/10/2016)

01:00

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1477040797_538873/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

"Creo que o que ven e co que me identifico é con este 'facer país' que é máis urxente ca nunca en Galicia", sentenciou.

O acto de entrega terá lugar na primeira quincena de novembro no concello de Láncara.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00