O Burela FS quere que o Derbi quede na casa
Os de Daniel Ibañes reciben a Santiago Futsal este venres ás 9 da noite en Vista Alegre
Lugo
O Pescados Rubén Burela FS recibe na terceira xornada da Liga Nacional de Fútbol Sala ao Santiago Futsal (Vista Alegre, 21.00 horas). Os laranxas, cun inicio moi esixente, buscarán os seus primeiros puntos na liga co aliciente de duelo galego fronte a un rival que aínda non deixou escapar a vitoria.
- CONVOCATORIAS
Composteláns e burelistas xa se viron as caras dúas veces en pretempada cunha de cal e unha de area. Os de Santiago impuxéronse con solvencia no Torneo Burela Bonita (1-6) e os mariñáns fixeron o propio en Rianxo, días máis tarde (2-4).
Equipo feminino
O Pescados Rubén-Burela FS feminino afronta este sábado a sétima xornada en Vista Alegre (18.30 horas) co FSF Rioja, que recala na Mariña como farol vermello de Primeira RFEF, con 1 punto.
- convocatorias
“O noso obxectivo é seguir sumando e avanzando semana a semana no xogo pero non podemos confiarnos, porque o Rioja é un rival complicado de gañar aínda que non lle están indo ben as cousas neste inicio”, advertía o técnico laranxa Lucas, na busca da cuarta vitoria consecutiva.
As rioxanas tan só puideron rañar algo na casa, fronte ao novel Leganés Masdeporte (1-1) na segunda xornada, con derrotas ante Ourense Envialia (1-0), Móstoles (5-0), Alicante (2-7), Roldán (8-1) e Gironella (1-3). Malia os resultados, o equipo de Carlos Moreno saltará ao parqué da Bomboneira mantendo un bloque que a tempada pasada xa non lle puxo as cousas doadas ás laranxas.
“Na casa gañamos con 2-1, sufrindo e recorrendo á porteira xogadora. De Logroño temos moi ben recordo porque conseguimos alí o título de liga pero tamén foi moi rifado” reflexionaba así o adestrador focego sobre os últimos enfrontamentos coas rioxanas.
Shiori e Paula chegan con molestias ao encontro nas burelistas.
actualidad del Burela fs
03:11
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1477057320_280088/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>