Ocio | Ocio y cultura
Ayuntamientos

As competicións de rol e videoxogos reunirán máis de 1.000 persoas no Espazo Lusquiños

Máis de 300 persoas competirán nas diferentes probas do Torneo de Magic e Videoxogos TMV Cidade de Ourense 2016

Máis de 300 persoas competirán nas diferentes probas do Torneo de Magic e Videoxogos TMV Cidade de Ourense 2016 / Radio Ourense- Cadena Ser

Ourense

Máis de 300 persoas competirán nas diferentes probas do Torneo de Magic e Videoxogos TMV Cidade de Ourense 2016, que terán lugar esta fin de semana e a do 4-5 de novembro no Espazo Lusquiños da Mocidade, un evento no que os seus organizadores prevén unha asistencia total de máis dun milleiro de persoas provintes de diferentes partes do estado e tamén de Portugal.

O evento, que acada a súa cuarta edición, “vai recollendo novos participantes cada vez”, segundo Alberto Núñez Blanco, organizador do evento xunto a Miguel Pérez Novoa. Nesta ocasión, repartiranse preto de 3.000 euros en premios, sendo as competicións de Magic (o evento estrela, pola participación de todas as partes do estado), Fifa (o xogo de simulación de fútbol por excelencia), Star Wars X-Wing, e as actividades abertas para o público -simulacións aéreas, videoxogos participativos, etc.- os fitos máis destacados do TMV.

Toda a información e inscricións, a través da páxina de facebook do TMV ou nas tendas "Xogón" e "El octavo pasajero".

Lo más

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00