SER Deportivos LugoSER Deportivos Lugo
Deportes
Pescados Rubén Burela

Dura proba para o Burela FS en Navarra

O Magna Navarra aínda está invicto e o Burela nunca gañou alí

Burela fs

Lugo

O Pescados Rubén Burela FS disputará o segundo desprazamento da tempada, no parapeto de Anaitasuna, a partir das 20.30 horas este venres. “Nunca gañamos alí” advertía o técnico laranxa, Daniel Ibañes, cualificando a cita de “partido moi importante e bonito, ante un rival dos que vai estar arriba” e co optimismo de que “se damos a sorpresa e gañamos poñerémonos por riba deles”.

Despois de estrear a súa cuadrícula a semana pasada, con 6-5 no Derbi Irmandiño fronte a Santiago Futsal, a escadra da Mariña buscará a primeira recompensa a domicilio na correúda pista navarra. O cadro de Imanol Arregui é un dos catro que seguen invictos en liga, con vitoria en Anaitasuna (4-1, Jumilla FS ) e empates fóra (Cartaxena 1-1 e Gran Canaria 4-4).

  • Convocatoria

Ata o momento o conxunto burelista está cumprindo no máis ca esixente calendario de inicio. A escadra chega con máis confianza e ganas, tras o impulso anímico e numérico da última xornada en Vista Alegre. “Sabiamos que ía ser moi complicado, pero de momento gañamos o que tiñamos que gañar. Magna ten un cadro configurado para estar entre os mellores, moi contundente en defensa e con boas individualidades en ataque, pero nós iremos a por todas”, concluía Daniel Ibañes.

Na enfermería, a Edu, na recta final da recuperación de xeonllo, súmase Isi, por rotura de fibras no recto anterior do cuádriceps durante o derbi con Santiago. Nas filas locais, Imanol Arregui recupera a Araça tras o partido de sanción con Gran Canaria FS, A súa única ausencia será Eric Martel, logo de pasar por quirófano en dúas ocasións por unha apendicite aguda.

Venda anticipada para FC Barcelona

A venda anticipada para a Xornada 5, en Vista Alegre, coa visita do FC Barcelona (venres 4 de novembro, 21.00 horas) estará aberta ata o día do partido, ás 14.00 horas, na sede do Pescados Rubén Burela FS (Venres 28 out. e 4 de nov. 10.00-14.00 horas. Mércores 2 e Xoves 3 de nov. 10.00-14.00//16.00-19.00 horas.). O prezo para socios será de 5€ para os adultos e de 1€ para os menores de 18 anos. Os non socios deberán aboar 15€, e no caso de ser menores, 5€.

EMOCIÓN DE DERBI FEMININO EN POIO

O Pescados Rubén Burela FS feminino vivirá o seu primeiro Derbi Irmandiño a domicilio da tempada na pista do Pescamar Poio FSF, con emisión en directo de TVG2 (municipal de Poio, 16.30 horas). “Temos que estar concentradas para volver cos tres puntos e seguir medrando na táboa” advertía unha das caras novas, Rarine Cristina dos Santos Betim, que regresou este mércores ás pistas, no pase a semifinais de Copa Galicia das mariñás, logo de case tres semanas por unha rotura de fibras.

  • CONVOCATORIA

Desde a terceira praza, con 15 puntos, as burelistas buscarán a quinta vitoria consecutiva fronte a un rival que ocupa a zona media da táboa, con 11 puntos, e que só sucumbiu a domicilio, en Alacante (4-1) e Gironella (2-1). No municipal, o conxunto da ex-laranxa Ceci contabiliza 2 empates (Ourense 1-1 e Roldán 2-2) e un triunfo (2-1, Móstoles).

O olfacto goleador de R. Betim volverá estar a disposición de Lucas e Julio na liga. Ata o momento xogou 3 partidos e marcou 2 goles. “Quen traballa sempre ten recompensa, pero creo que os goles sempre son importantes si veñen acompañados de vitorias. Grazas ás miñas compañeiras estou atopando o gol, ogallá poida seguir así, con goles e triunfos” explicaba a ala do Pescados Rubén, integrada por completo xa na dinámica do conxunto: “É un bo grupo, con xogadoras unidas. Eu vin co obxectivo de sumar para o equipo e axudar a que o Pescados Rubén continúe mantendo o seu nivel; estou traballando forte para poder axudar sempre e estar á disposición de Lucas e Julio”.

“Espero que esta nova etapa sexa moi boa, identifiqueime coas compañeiras e co equipo desde o principio. Agardo ser parte da historia do Burela”, falaba así das súas metas a 7 laranxa, inmersa nunha experiencia que sempre desexou. “A liga española ten un gran nivel técnico. Calquera xogador soña con estar algún día en Primeira División en España. Neste país o fútbol sala feminino ten un valor e un recoñecemento que no Brasil infelizmente non ten”, apuntou.

Nas filas laranxas, Shio e Dany chegan con molestias.

Jose Rodriguez, compañero Ser Mariña(28/10/2016)

02:49

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1477663864_968615/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00