Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Trescentos vinte e cinco mil euros a asociacións e entidades sen ánimo de lucro

A mellora cualitativa nas memorias xustificativas fixeron aumentar a contía económica en 44.000 euros respecto do ano pasado.

A mellora cualitativa nas memorias xustificativas fixeron aumentar a contía económica en 44.000 euros respecto do ano pasado. / Radio Ourense- Cadena Ser

A mellora cualitativa nas memorias xustificativas fixeron aumentar a contía económica en 44.000 euros respecto do ano pasado.

Ourense

O Concello de Ourense vén de adxudicar 324.848,89 € na convocatoria de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de servizos sociais 2016, segundo publicou o pasado sábado 29 de outubro o Boletín Oficial da Provincia 250. Son beneficiarias desta convocatoria un total de 32 entidades sociais e 33 proxectos. A contía total adxudicada supón un aumento de 44.054,36 € respecto á de 2015.

Os proxectos con mais puntuación son os solicitados por estas entidades e, para os seguintes proxectos: Afaor, para o programa de apoio psicolóxico para familiares e coidadores de enfermos de alzhéimer; Aixiña, para o proxecto “Servizo de transporte adaptado para persoas con mobilidade reducida; Down Ourense, para o proxecto de Servizo de inclusión sociolaboral; Autismo Ourense, para o programa de atención infantoxuvenil dirixido a persoas con TEA; Aodem, para o programa de atención a persoas con enfermidades dexenerativas; Morea, para o programa de integración social de familias con enfermidades neurodexenerativas; AECC, para o servizo de axuda e soporte psicosocial no fogar especializado en oncoloxía... e así ata un total de 33 proxectos dos 35 solicitados.

A responsable da área de Asuntos Sociais, Sofía Godoy, subliña o aumento das subvencións “grazas á mellora cualitativa nas memorias xustificativas que presentaron as diferentes asociacións, debido sobre todo aos cursos de apoio que se realizan desde a Concellería”.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir