La Ventana de las RíasLa Ventana de las Rías
Ocio y cultura
Momento coruñento

Cantigas de La Naval

A Coruña

Canzobre é inconmensurable. Falo de Manuel García Canzobre, da rúa da Torre, mestre verdadeiro co seu Mariachi, durante os anos cincuenta e sesenta, do Carnaval Coruñés. Pensaba que dominaba os grandes clásicos do seu repertorio e o outro día -na despedida de La Naval, na Palloza, centenariazo dos Contos do mar de Irlanda- Carlos, un dos once irmáns desta casa, achegoume estoutro petisco do seu talento. Un barco coreano equivocou o camiño e estivo a piques entrar, en lugar de pola canle do porto, directamente cara o Orzán... E así lle cantou Canzobre, con música de Vaina Aprendendo....

Pero o vixía ao velo entrar

Díxolle en coreano:

Telefunken pela china

Que che poden atracar.

Nesa mesma sesión de La Naval, o seu irmán Alejandro, botou outra cántiga antroideira. Mais esta dos propios días da República:

Papá eu quero ser garda de asalto,

Non quero traballar porque me canso.

Cincuenta pesos dan e unha pistola

E unha porra moi castigadora.

Ai! as músicas das Coruña ! Tras do aparente silencio do cotiá, latexan polas rúas en palimsesto, mil cantigas de antes. Só hai que ter un chisco de paciencia para saber escoitalas.

Aaala que van fervendo....ala levalas castañas!

Xa saben: o son de outono, pregón das castañeiras pola Rúa Real. Músicas da Coruña, esta cidade-barco, onde, por se acaso, cómpre manter sempre no repertorio algunha repichoca en idioma oriental:

Pero o vixía, ao velo entrar,

Díxolle en Coreano:

Telefunken pela china

Que che poden atracar....

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00