SER Deportivos LugoSER Deportivos Lugo
Deportes
Pescados Rubén Burela

O Burela FS complícase en Jaén

O equipo masculino é penúltimo con tres puntos

Pola contra, as rapazas de Lucas gañaron en Leganés.

prensa jaen paraiso interior

Lugo

O Xaén Paraíso Interior venceu ao Pescados Rubén Burela por 5-2 nun duelo no que os andaluces aproveitaron as concesións visitantes para remontar o tanto incial da escuadra mariñá.

FICHA TÉCNICA

Jaén Paraíso Interior: Dídac, José López, Campoy, Mauricio, Mauricinho, Chino –cinco inicial- Javi Alonso, Felipinho, Solano, Dani Martín, Murga. Pescados Rubén Burela FS: Álex, Bellvert, Iago Rodríguez, Cuco, Antoñito -cinco inicial- Isi, Matamoros, Hélder, Renato. Goles: 0-1, m.1, Cuco; 1-1, m.11, Chino; 2-1, m.14, José López; 3-1, m.14, Campoy; 4-1, m.19, Javi Alonso; 5-1, m.37, Campoy; 5-2, m.39, Iago Míguez. Árbitros: Rodrigo Miguel, Sánchez Molina. No Pescados Rubén Burela amosaron cartón amarelo a Matamoros, Iago Rodríguez, Hélder e Renato, dobre amarelo e expulsado (m.40). No Xaén Paraíso Interior amosaron cartón amarelo a Mauricio.

Comezou o partido coa Salobreja rexistrando o cartel de non hai billetes e nos primeiros compases observou como os burelistas levaron a iniciativa para conseguir abrir o marcador por mediación de Cuco, minuto 1. Os mariñaos realizaron unha posta en escena brillante pero co paso dos minutos o Jaén Paraíso Interior tomou o pulso do partido e reaccionou co empate conseguido por Chino, no minuto 11.

A igualada xienense desconcertou a un Pescados Rubén errático que entregou en bandexa a remontada local. José López marcou o 2-1 nunha acción desafortunada de Álex, e Campoy enviou un potente zurdazo á escuadra tras unha nova concesión burelista. O 3-1 revitalizou a un Jaén Paraíso Interior que se apropiou do partido e rematou a faena co 4-1 nun contragolpe guiado por Mauricio e culminado por Javi Alonso, minuto 19.

Ao descanso chegouse co 4-1 e na segunda parte repetiuse o guión inicial: a escadra mariñá saltou con máis agresividade pero os andaluces lograron conter as súas embestidas cunha boa defensa e cun Dídac moi seguro toda a tarde. Trala acometida visitante chegou a quenda dos locais que gozaron dun penalti cometido por Álex que Solano enviou alto. Tras un tempo morto no minuto 29, o Pescados Rubén recorreu ao xogo de cinco para cambiar a dinámica do partido pero sen fortuna na definición. Matamoros estrelouse por dúas veces con Dídac que lograba manter a cómoda renda do seu equipo.

O meta catalán adornou a súa boa actuación cunha gran asistencia a Campoy que recolleu un balón longo do porteiro para marcar a porta baleira o 5-1 que sentenciaba o partido no minuto 37. Iago Míguez logrou recurtar distancias e o resultado final (5-2) declarou xustos vencedores aos andaluces.

FICHA TÉCNICA

Leganés FSF: Merce, Ampi, Alicia, Patry, Puche –cinco inicial- Marina, Elsa, Laura Medina, Laura Jiménez, More Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Silvia, Bea Mateos, Shiori –cinco inicial- Cilene, Sofía, Judith, Lara, Elvira Goles: 1-0, m.6, Alicia; 2-0, m.18, Alicia; 2-1, m.26, Dany; 2-2, m.34, Lara; 2-3, m.35, Lara; 2-4, m.37, Shiori. Árbitros: Ángel Gómez, Jonathan Pósito. Incidencias: Partido correspondente á xornada 10 de la Primera División. Pavillón La Fortuna de Leganés. 200 espectadores.

O feminino gañou en Leganés

Cunha dobre ocasión de Esther Puche comenzou o duelo entre Leganés e Pescados Rubén Burela, no que as locais buscaban a segunda vitoria do curso. Aos seis minutos dende a frontal da área tras roubo de balón Alicia Benete poñía o 1-0 que premiaba o empuxe inicial das madrileñas no choque.

O conxunto lucense trataba de igualar a intensidade inicial local para equilibrar o desenrolo dun partido moi competido no seu primeiro cuarto. A nove minutos da conclusión, as lucenses optaban por alternar xogo de cinco con Bea Mateos de porteira xogadora que lles permitía facerse coa posesión. Tiveron ocasións as galegas para igualar o choque pero o bo facer baixo paus de Merce mantiña a escasa renda local que se ampliaría a dous minutos do descanso con un novo gol de Alicia Benete de potente remate que se colaba pola escadra.

Na reanudación, de novo o Pescados Rubén xogaba de cinco con Bea Mateos. As visitantes conseguían recurtar distancias antes da medianía do período por mediación de Dany, que superaba no man a man á gardamallas pepinera tras roubo de balón en primeia liña. Con dous goles nun minuto o Burela daba a volta ao marcador. Lara e Dany asinaron os tantos, ambos con xogo de cinco das burelás.

A catro minutos para o final, Shiori a porta baleira marcaba o 2-4 que obrigaba ao Leganés polo xogo de cinco con Patri como porteira xogadora. O choque concluía con un balón ao pao e tres ocasións claras das madrileñas que sucumbiron ante un Pescados Rubén Burela máis acertado.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00