Más deportes
XIMNASIA RÍTMICA

Boa actuación do Pavillón Ourense na Copa de España

O conxunto infantil do Pavillón; onceavo na Copa de España. O conxunto prebenxamín décimo no nacional base

Equipo infantil do Pavillón Ourense, na Copa de España. O conxunto ourensán, destacaba nesta Copa / Club Ximnasia Pavillón

Ourense

Entre os días 11 e 13 de nobembro, no Pavillón do Pisuerga de Valladolid, cinco conxuntos pavillonistas competían na modalidad de ximnasia rítmica, catro deles no nivel base e o conxunto infantil do Ximnasia Pavillón na Copa de España a nivel absoluto.

Na competición base destacou prebenxamín da Escola Pavillón que lograba situarse no posto dez, con una exelente nota, a nivel das mellores, un, un 9,450. Apesares da súa corta idade( oito anos) e de ser a súa primeira participación nacional, realizaron un excelente exercicio no máis alto nivel nesta categoría(posto que a competición de nivel absoluto iniciase na categoría benxamín). Os dous conxuntos alevíns e xuvenil, pola contra, non tiveron o seu mellor día e colocaronse nos postos baixos da táboa clasificatoria.

Outro conxunto destacado, xa na xornada do domingo día 13, que se disputou a Copa de España, foi o conxunto infantil do Club Ximnasia Pavillón, que ¨ Xogou en primeira división nacional e deu a talla¨ . Con un exrecicio con poucos erros e tamén moi boa exucución, lograron unha puntuación de 9, 800, sitúandose no posto once nun nivel onde estaba a mellor rítmica nacional.

Lembremos que só cinco conxuntos, dende a categoría alevín a senior, os cinco mellores de cada comunidade, poden ser seleccionados para esta competición. As ximnastas ourensáns souberon dominar a presicón e loitar de igual a igual co resto de comunidade. Este conxunto terá a seguinte cita nacional en Murcia no mes de decembro onde loitarán por colocarse na parte alta da clasificación.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00