Falece o exalcalde de Castro de Rei Arturo Pereiro
Foi alcalde do municipio chairego entre 1988 e 2007. O funeral terá lugar este xoves ás 16:30 horas na igrexa parroquial de Castro Ribeiras de Lea

Casa do Concello de Castro de Rei / Wikipedia

Lugo
O exalcalde de Castro de Rei e exdeputado provincial, Arturo Pereiro, faleceu a noite deste martes no seu domicilio de Castro Ribeiras de Lea aos 82 anos de idade.
O histórico político do Partido Popular foi rexedor do municipio chairego dende 1988, tras unha moción de censura ao goberno local de Francisco José Balado -da CDS- ata 2007, ano en que renunciou a presentarse á reelección. O seu sucesor no cargo foi o socialista Juan José Díaz Valiño.
O alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado, expresou hoxe a "tristura" que lle produce o falecemento de Pereiro, de quen dixo que representou "un antes e un despois" no municipio grazas a xestións que "axudaron ao seu desenvolvemento económico e social".
Entre outros logros, destacou o impulso do parque empresarial de Castro Ribeiras de Lea e a activación das concentracións parcelarias. A este respecto, definiuno como "visionario" por ampliar a superficie de produción dos gandeiros e situar ao concello entre os cinco máis productores de leite.
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Francisco Balado, alcalde de Castro de Rei, sobre el fallecimiento del exregidor Arturo Pereiro (23/11/2016)
No plano educativo, subliñou o seu labor para conseguir o instituto de educación secundaria e bacharelato.
O funeral terá lugar este xoves ás catro e media da tarde na igrexa de Castro Ribeiras de Lea.




