Dolores Fernández: "Temos que actuar con responsabilidade e coordinarnos en materia de migración e refuxiados"
A presidenta do I Congreso Internacional de Migración e Refuxio celebrado en Lugo o pasado mes de outubro expón nesta entrevista as conclusións dos simposio

YAN10 LESBOS (GRECIA). Refugiados y migrantes trasladan sus tiendas de campaña durante un incendio en el campamento de refugiados en Lesbos (Grecia) hoy, 25 de noviembre de 2016. Una iraquí de 60 años y su nieto de 6 años murieron y otras dos personas res / STR (EFE)

Lugo
O I Congreso Internacional de Migración e Refuxio celebrado os días 25, 26 e 27 de outubro na Facultade de Humanidades do Campus da USC en Lugo expuxo os retos aos que se enfronta Europa para atallar a crise de refuxiados e inmigrantes por motivos económicos.
Nesta entrevista emitida o sábado 26 de novembro na Mesa de Redacción de Hora 14 Lugo, a presidenta do simposio, Dolores Fernández, pon de manifesto a necesidade da coordinación e a responsabilidade para minimizar os dramas humanos que se atopan detrás de cada movemento migratorio, sexa cal sexa a súa orixe.
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Entrevista a Dolores Fernández, presidenta do I Congreso Internacional e Refuxio en Europa, celebrado en outubro na Facultade de Humanides do Campus de Lugo (26/11/2016)
Fernández valora os datos ofrecidos polos diplomáticos que participaron no congreso, especialmente o da Segunda Secretaria de Asuntos Europeos da Embaixada de Hungría en España, Adrienn Nasz.
Unha das sesións plenarias do Congreso de Migración e Refuxio levaba por título "A migración organízase". Esta entrevista achégase ás conclusións desta mesa de debate a través das impresións de Dolores Fernández, que apela con énfase á "responsabilidade, a xenerosidade e a coordinación" a partir da asunción da realidade de hoxe.
Más información




