Más deportes
Pescados Rubén Burela

Cara e Cruz para o Burela FS

Os de Daniel Ibañes arrasaron en Caraxena e as de Lucas non puideron sumar en Alicante

Burela fs

Lugo

O Pescados Rubén Burela acadou a súa primeira vitoria a domicilio e encadea dous triunfos consecutivos tras derrotar por 2-7 ao Plásticos Romero Cartaxena. O conxunto burelés encamiñou a conquista dos tres puntos nunha primeira parte brillante na que xogou á perfección as súas bazas para aplacar o entusiasmo local. Iago Míguez erixiuse no gran protagonista do duelo cun hat-trick, abrindo e pechando o marcador do mellor partido da tempada da escuadra mariñá.

Pola súa parte, o cadro feminino caeu ante o Universidade de Alicante por 3-1 nun encontro moi igualado. As alacantinas comenzaron dominando o partido ante o Pescados Rubén Burela e adiantáronse no marcador. Con todo, as mariñás igualaron, pero volveron a verse por debaixo na segunda metade. Coa porteiro xogador no Burela, o Universidade de Alicante sentenciou o choque.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00