O Burela FS enfróntase ao derradeiro clasificado, o Jumilla
Os de Daniel Ibañes queren seguir coa boa xeira de resultados diante do Jumilla
Lugo
O Pescados Rubén Burela FS recibirá o Bodegas Juan Gil Jumilla FS na novena xornada da LNFS, que chega á Bomboneira como farol vermello da clasificación. O encontro, que comezará ás 21.00 horas, poderá seguirse en directo por www.radiolugo.gal
Con 9 puntos e encadeando dúas vitorias consecutivas, os de Daniel Ibañes queren dar continuidade ao seu mellor momento da tempada: “Necesitabamos este partido completo, non só pola vitoria; esta semana xa se notou moita máis alegría e tranquilidade porque xa non estamos tan apertados na clasificación e adéstrase máis a gusto. Esperamos seguir con esta boa dinámica porque agora vén un mes con moitos partidos e esperamos poder sacalos adiante” explicaba Iago Rodríguez, tendo os murcianos como antesala dunha semana con moitísimo traballo, con desprazamentos ás Canarias e Santa Coloma en liga e con partido no medio de Copa do Rei nas illas.
O Jumilla FS, con moitas caras novas, saltará á pista no fondo da táboa, con 1 punto recollido precisamente a semana pasada fronte aos canarios (2-2). O 9 mariñán admite o cartel de favorito aínda que con precaución: “Pode ser un partido trampa porque aínda que están abaixo na clasificación o ano pasado xa non deron un susto empatando aquí. É un partido no que a priori deberiamos sacar os tres puntos, na casa, pero non podemos confiarnos e debemos ir a por todas.
O rival chega con certo ánimo despois do primeiro bo resultado: "cando se consegue puntuar moralmente axuda moito así que virán dispostos a levar de aquí algo, pero nós debemos competir e, dada nosa maior calidade, temos que sacar o partido” advertía o lugués, satisfeito co camiño que ten encauzado o Pescados Rubén e coa responsabilidade de pichichi laranxa, con 6 dianas.
“Cando se xoga contra grandes equipos, como nos pasou ao comezo, parece que as carencias se magnifican, pero agora, con rivais máis da nosa liga, estamos respondendo ben. Como a calquera xogador gústame marcar goles; no último partido anotei un, pero coma se non marcase, quédome coa imaxe que deu o equipo; estou contento porque se gaña o equipo gañamos todos”.
Jose Rodriguez, compañero de Ser Mariña, nos cuenta la actualidad del Burela FS(2/12/2016)
02:22
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1480689612_062828/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>