Deportes
XIMNASIA RÍTMICA

Boas actuacións pavillonistas no remate da tempada

Remata a tempada de conxuntos con boas participacións das infantís pavillonistas en Murcia

Grupo de Ximnastas do Pavillón Ourense, que participaron en Murcia, no Campionato Nacional / Club Ximnasia Pavillón

Ourense

Este pasado fin de semana, entre os días 1 e 4 de decembro tiña lugar en Murcia o Campionato Nacional de conxuntos de nivel absoluto, no que o Pavillón acudiu con con catro conxuntos( dous inafntís, un junior e un senior.

O conxunto infantil, con un exercicio de cinco pares de mazas, do Escola Pavillón (Candela Pérez, Candela Díaz, Uxia Sara, Claudia e Julia), todas elas de primeiro ano na categoría, foi o conxunto con mellores actuacións e mellores puntuacións de todas as ourensáns, sendo clasificadas no posto 33 dos 50 participantes nesta categoría con puntuacións de 10, 700 e 9,900 en sendas xornadas de competición.

Pola súa parte, o conxunto infantil do Club Pavillón  (Sabela Rodríguez, María, Lucía, Sara, Paula, Rebeca e Sabela de Martín) realizou un primeiro pase con moitos erros e,aínda que no segundo pase realizaron un exercicio máis correcto, que non se traduciu en mellor nota, non luciron como outras ocasións, levandoas ó posto 36.

O conxunto senior que levaba un exercicio de cinco cintas(un dos aparatos máis difíciles de traballar), levaba poucas expectactivas debido ás lesións que obligaron a descansar a tres das súas ximnastas ata ahi un par de semanas. Aínda así realizaron dous pases bastantes regulares, o segundo pase con moito dinamismo pero máis erros, sacadando o posto 35 da clasificación xeral.

O conxunto junior con dúas cintas e tres pelotas, despois dun primeiro pase bastante acertado, baixou moito a súa nota e a súa clasificación, debido a moitos erros coas no segundo pase, tendo un nudo nunha cinta durante o exercicio. Os erros deste segundo pase leváronas ó posto 47.

Estes catro conxuntos mostrarón os seus exercicios o vindeiro martes no Torneo Nadal que o Club Ximnasia Escola organiza na Cancha Central do Pavillón dos Remedios

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00