SER Deportivos LugoSER Deportivos Lugo
Deportes
Pescados Rubén Burela

O Burela FS pecha o ano este martes en Vista Alegre

Os de Daniel Ibañes queren facerse fortes na bomboneira

Burela fs

Lugo

Vista Alegre baixará o pano de 2016 coa visita de Aspil Vidal Ribera Navarra (21.00 horas), na décimo segunda xornada de Primeira División, que contará coa presenza do seleccionador nacional, José Venancio López Hierro.

Dende a novena praza, con 15 puntos, os pupilos de Daniel Ibañes buscarán reafirmar a fortaleza da Bomboneira nunha cita que se prevé moi rifada. Veranse as caras co undécimo clasificado (13 puntos), que chega con dúas vitorias consecutivas, fronte a Jumilla (2-5) e Canarias (4-0). Coa despedida de Vista Alegre, os mariñáns completarán o seu cuarto compromiso en tan só 11 días perseguindo o cuarto triunfo na casa para pechar o ano ao grande ante a Marea Laranxa.

A última vez que ambas as escadras se enfrontaron foi en oitavos da Copa do Rei con 2-4 para os galegos.

En principio, Daniel Ibañes poderá contar con todos os seus efectivos, a excepción de Edu.

Tralo sorteo celebrado este martes, o Burela FS xa coñece o seu rival: o Xota de Imanol Arregui. A ida está programada para o 18 de xaneiro e a volta para o 8 de febreiro.

Jose Rodriguez, Ser Mariña (20/12/2016)

02:15

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1482230750_545113/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00