Hoy por Hoy Matinal OurenseHoy por Hoy Matinal Ourense
Actualidad
Xunta Galicia

Aprobadas as expropiacións da nova vía de conexión

O orzamento estimado para as expropiacións é de preto de 530.000 euros e o importe de licitación do proxecto de construción ascende a 27,4 millóns de euros

Ourense

O Consello da Xunta aproba o proxecto de decreto polo que se declara en concreto a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado e o estudo de impacto ambiental das obras da vía de conexión da A-52 co polígono industrial de San Cibrao das Viñas, no treito A-52 – N-525, nos Concellos de San Cibrao das Viñas e Taboadela.

O orzamento estimado para as expropiacións é de preto de 530.000 euros e o de licitación do proxecto de construción ascende a 27,4 millóns de euros. A Consellería de Infraestruturas e Vivenda ten prevista a licitación do contrato de obras ao longo do ano 2017, polo que reservou nos orzamentos da Xunta unha partida específica para esta actuación, ao tempo que se recollen os fondos necesarios para executala nos orzamentos futuros. Ademais, os esforzos do executivo autonómico lograron a disposición de 15 millóns de euros de fondos FEDER, do período operativo 2014-2020, para garantir a execución desta conexión.

O obxecto desta actuación é a construción dunha vía de novo trazado, que contará con 4,5 quilómetros de lonxitude e percorre os termos municipais de San Cibrao das Viñas e de Taboadela. Unha vez que estea en servizo reducirá o percorrido de conexión coa A-52 nun 66%, ao pasar de 11 a 4,5 quilómetros, e, adicionalmente, mellorará a conectividade coa autovía de Celanova.

O trazado escollido é a alternativa máis viable e axeitada, compaxinando a menor afección posible cos terreos, edificacións e infraestruturas xa existentes cos requirimentos técnicos que ten unha vía destas características. Así, a nova infraestrutura comezará no enlace de Gargantós da A-52, onde se conecta a propia autovía co viario local e a autovía AG-31 (Ourense-Celanova). A vía disporá de estruturas singulares como un viaduto de 510 metros sobre o rego de San Benito, 6 pasos inferiores e un superior.

A tramitación deste expediente expropiatorio, ademais de iniciar o proceso para a obtención dos terreos para a execución das obras, é necesaria neste momento para poder realizar as sondaxes xeotécnicas no punto exacto onde se situará a cimentación das pías do viaduto previsto, e así contar coa máxima información posible para a execución das obras.

Pulo á industria

O polígono de San Cibrao das Viñas conta con 5 millóns de metros cadrados de superficie; con máis de 300 empresas instaladas; e dá emprego a preto de 8.000 persoas. Trátase dun motor económico para toda a provincia que precisa das boas conexións coa rede viaria de alta capacidade para incrementar a súa eficacia na distribución de materias e mercadorías e xerar maior actividade.

A Xunta, consciente de que esta zona industrial é estratéxica na provincia, pretende impulsar unha conexión que atenderá a demanda empresarial e cidadá, favorecerá a mobilidade e os desprazamentos nesta área industrial e ofrecerá novas facilidades para que as industriais alí asentadas poidan medrar. A mellora das conexións suporá novas oportunidades para que o polígono se converta en polo de atracción de novos investimentos na provincia de Ourense e de toda Galicia.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00