Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Sociedad
CB breogan

O Cafés Candelas Breogán buscará ante o Oviedo Baloncesto poñer o broche a unha gran primeira volta

De gañar no Pumarín, os de Natxo Lezkano finalizarían con 15 victorias en 17 encontros

Oviedo

O Cafés Candelas CB Breogán pode cerrar este domingo ás 12:00 (dende as 11:30 en M80 Lugo) unha primeira volta de sobresaliente na LEB Oro. De vencer no Pumarín ao Oviedo Baloncesto remataría a primeira parte do campionato con 15 victorias en 17 encontros.

Os lucenses terán diante a un dos equipos en mellor forma do campionato. Os de Carles Marco e Javi Rodríguez encadean unha gran xeira de victorias e tras subir a intensidade defensiva nas últimas xornadas, apenas están dando marxe ás sorpresas. Pese á baixa de Fran Cárdenas, o seu mellor xogador, teñen argumentos destacados como Oliver Arteaga e o senegalés Mouha Barro no xogo interior, ou homes como Víctor Pérez, Drew Maynard ou Fabio Santana dende o perímetro.

Todas as derrotas do Oviedo Baloncesto nesta campaña foron por menos de 5 puntos agás ante Palencia. Dase a circunstancia de que o equipo asturiano é o que máis faltas recibe do campionato e o que peor porcentaxe ten dende os tiros libres, cun 67,3%. A aportación dende os 4,60 de homes coma Barro (41%), Belemene (35%) ou incluso Maynard (55%) e Santana (58%) foi un dos factores que lle fixo aos ovetenses non sumar máis victorias.

Pola súa banda, no Cafés Candelas Breogán o equipo buscará continuar na boa liña tras o bache dos partidos de Huesca e Vitoria. As victorias ante Clavijo, Iraurgi SB e Básquet Coruña permitíronlle aos de Lezkano recuperar as boas sensacións. Para o encontro será dúbida Christian Díaz, que sufriu unha escordadura de nocello no adestramento de xoves e está con molestias.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir