Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Sociedad
Temporales

A Xunta suspende o acceso ao Invernadeiro

A medida se manterá con carácter preventivo ata que as previsións meteorolóxicas sexan máis favorables.

Ourense

A Consellería de Medio Ambiente suspendeu a expedición de autorizacións de entrada ao Parque Natural do Invernadeiro debido ás condicións meteorolóxicas adversas que está a sufrir a provincia de Ourense nos últimos días e ante a previsión de que se produza un empeoramento da situación. A medida comezou a aplicarse este mediodía e manterase ata que o prognóstico meteorolóxico sexa máis favorable, co fin de adoptar todas as precaucións posibles para evitar accidentes.

O Parque Natural do Invernadeiro está situado a máis de 1000 metros de altitude no concello de Vilariño de Conso, en pleno macizo central ourensán. Segundo a información facilitada polo persoal da Consellería de Medio Ambiente, nestes momentos na pista de entrada ao mesmo existe unha capa de neve de aproximadamente 5 centímetros.

A forte pendente desta pista unida ás previsións meteorolóxicas para as próximas horas, xa que segundo Meteogalicia se agardan precipitacións que poderán ser de neve hoxe pola noite e mañá pola tarde, aconsellan limitar a entrada ao parque, salvo para realizar labores de vixilancia e mantemento en vehículos todoterreo.

A decisión de suspender as autorizacións de entrada a O Invernadeiro tómase pensando na seguridade dos visitantes e para evitar posibles accidentes, unha medida preventiva que de feito xa se adoptou en anos anteriores ante circunstancias similares.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir