Música

Plan Siberia no Set de Unplugged

O líder do grupo, Gabriel Blanco, interpretou no noso espazo de música semanal "Oito anos", do seu novo traballo "Volboretei"

Pontevedra

Gabriel Blanco naceu en Pontevedra no 1986, comezou os seus estudios musicais no conservatorio da Estrada; mudouse a Madrid a estudiar a sua carreira de Arte Dramático foi mestre de teatro na capital e actor en series como MIR (telecinco) e TOLEDO (Antena 3) foi considerado actor revelación no Talent Madrid (teatros do Canal de Isabel II) .

Mención especial na REAL ACADEMIA DAS ARTES CINEMATOGRAFICAS polo seu traballo xunto o actor internacional William Miller comezou a moverse como cantautor polo circuito “La noche en Vivo” actuando en salas como… Buho Real, Libertad 8, Zanzibar, Galileo, Caracol.

Cantante, compositor con un amplio rexistro que lle permite enriquecer as suas cancións dandolles un ritmo característico e convertindoas no que son, historias con solidez.

Gabriel reinventa o estilo en cada acorde dende o seu particular universo. A sua versátil forma de cantar e a sua obsesión po-los sentidos son marca da casa e hilan o debut da sua nova aventura Volboretéi

Despois do seu periplo interpretativo onde destacan cousas como, mencions especiais na ACADEMIA DAS ARTES CINEMATOGRAFICAS, gañador de concursos de escena, aparicions en series, programas e anuncios de tv, presentador de deportes na canle iberomarica tv e un longo etc, volve á sua Galicia natal decidido a pegarlle o empuxon que se merece á sua carreira musical.

En 2014 saiu á luz o seu primeiro traballo profesional (ATLETAS DEL CORAZÓN) disco baseado nas 6 emocion básicas do ser human; grabado nos estudos T-108 coa colaboración de músicos como thomas thirta de Undrop/Marlango/macaco e Mr. Kilombo.

Agóra Gabriel sorprende con -VOLBORETÉI- ; unha interesante mestura de sons que van dende o pop dos 80´s ata a música tradicional, mesturando figuras como alalás, ou ritmos de rumba ou muiñeira con acentos pop-surf e cunhas letras repletas de sentidos.

As cancións falan das amizades, da morriña, da terra, la lingua, das relacions humanas, de todolos sentimentos que tiña cando estaba fora da casa e me despertaba pola mañan pensando en Galicia, e me deitaba pola noite soñando en Galicia.

O disco componse de 8 cancions que falan do amor que teño por esta terra e de todo o que sentin nestes oito anos estudiando e traballando fóra.

Son temas compostos, escritos e musicalizados por Gabriel Blanco Durán, temas que van dende o pop-rock, surf ata influencias tradicionais coma alalás ou ritmos de muiñeira contemporanizados.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00