Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Sociedad
O Blog de Henrique Rabuñal

Informar e comunicar

A Coruña

O V Foro de Radio Coruña tivo dous protagonistas. Dunha parte a figura de Ángel Gómez Hervada lembrada e homenaxeada en tantas ocasións aos dous meses do seu pasamento. Doutra parte o rico debate sobre a información no seo dunha sociedade democrática. Un debate que abrangueu os diferentes medios de comunicación, perspectivas profesionais e ideolóxicas moi diversas, retos e problemas esixentes e que se veu enriquecido por un público que tamén puxo o dedo na chaga ao esixir unha información veraz, cabal e libre.

Coincidencia plena na necesidade de medios rendíbeis, de profesionais ben pagados e protexidos. Necesidade de ordenar a sobreinformación e de combater as fake news, a información nociva, o sensacionalismo, a manipulación e o chamado "yelow journalism". Necesidade de acometer permanentes actualizacións tecnolóxicas e conquistar novas formas de acceso e uso da información aproveitando a oportunidade das redes sociais. Necesidade de loitar polo pluralismo, de pagar pola información rigorosa, de procurar o motivo das cousas que acontecen, de revivir o xornalismo de sempre, de investigación, de crítica, de fiscalización de todos os poderes, desde o político ao económico. Necesidade de estimular e considerar a participación da cidadanía consumidora de información

Os medios teñen entre mans un dos nosos dereitos fundamentais, o dereito a unha información veraz sen a cal non podemos ser verdadeiramente libres nin sentirnos plenamente mergullados nunha sociedade democrática.

Nueva APP de Cadena SER

Descubre la nueva app de Cadena SER Te ofrecemos una mejor experiencia de audio y video

Descargar

Cando falamos de información local xa non temos que investigar o case anónimo copropietario deste ou daquel medio. No noso caso pensamos nas mulleres e nos homes que fan Radio Coruña, banda sonora de tantas persoas durante moitas décadas. A voz que nos fala no auto, na casa, no traballo, na rede. Os seus servizos informativos, a súa programación deportiva, o seu magazine diario, o decano "El Coruñés Opina" teñen nomes propios. Consuelo, Marcos, Isabel, Elena, Maite, Fran, Adrián. Tamén os equipos técnicos e administrativos. E a extensa nómina de colaboradores que tamén son, somos, a radio, a cidade e a sociedade plural.

Moitos dos valores e dos sinais desa radio próxima, comprometida, plural e rigorosa son os que Anca encarnaba. Ogallá esa información de calidade prevaleza. E que entre todos e todas a fagamos posíbel.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estás escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir