Unha victoria e unha derrota para o Auriense
No partido que abría a xornada,o equipo feminino, gañaron as Irmandinhas por 4 a 10. Na categoría masculina, perdían por 0 a 8, frente o conxunto dos Irmandinhos, actual campión da liga.
Ourense
Unha victoria e unha derrota na tarde de domingo para o Auriense. No partido que abría a xornada, o conxunto femenino gañaron con solvencia pese ao que reflexa o marcador, o seu encontro contra Irmandinhos de A Estrada, nun partido que dominaron dende o primeiro minuto, cun gran acerto a paus.4-10 (22)- 3-7(16).
Xa no encontro masculino,caían contra o actual líder e campión da liga, aguantando soamente os primeiros 10 minutos, ata que o físico dos xogadores de A Estrada acabou por tumbar ao Auriense 0-8(8)-3-7(16).
A liga descansa a semana que vén, e retoma cun torneo en A Estrada onde o Auriense, masculino e feminino, competirán con diversos equipos Europeos.