O galego perde falantes entre a xente nova e nas cidades
A Real Academia Galega alerta da creba interxeneracional no uso do galego

.

Santiago de Compostela
A Real Academia Galega advirte dunha creba na transmisión lingüística interxeneracional. A institución aproveitou o Día internacional da lingua materna para amosar a súa preocupación polo cambio drástico no uso do galego, cada vez menos frecuente entre a xente nova, fundamentalmente no ámbito urbano e periurbano.
O galego conta con 1.300.000 falantes, segundo recolle o estudo "Lingua e sociedade en Galicia", pero a tendencia é "negativa". Por iso, a RAG demanda o compromiso do goberno e medidas máis efectivas para frear o retroceso da lingua propia. Sen caer no pesimismo, apunta nun comunicado, a situación "obríganos a lanzar a voz de alerta".
A análisis reflite unha sociedade bilingüe. O perfil máis frecuente é o das personas que eempregan o galego como lingua habitual, un 31%. O 42% utilizan tanto o galego como o castelán. Os datos do CIS relativos a 2016 amosan que o galego é a lingua materna para case o 45 % dos cidadáns maiores de 18 anos. Agora ben, se se ten en conta a poboación máis nova, desde os 5 anos, o castelán comeza a gañar terreo (38 % frfronte ao 34% do galego).




