The Lákazans presentanos o seu terceiro disco: ‘Sandwina’
O grupo de Boiro visita os nosos estudios para falarnos do seu novo traballo, e interpretar en acústico "Break the world"
Pontevedra
Un disco basado no blues, pero onde se abren camiño outros estilos de música americana como o rockabilly, o countrie e soul and swing que non deixan indiferente a ninguén.
O título deste tericeiro traballo, ‘Sandwina’ debese a figura de Kate Brumbwach, unha vienesa do século XIX dedicada ao mundo do circo. A fama desta muller residía na súa enorme forza física. The Lákazans escolle este nome para o seu disco para facer unha chamada ao empoderamento real da muller.