Sociedad | Actualidad
O blog de Henrique Rabuñal

Casa Cornide

A Coruña

As guerras son un escenario paradigmático para que os vencedores fagan caixa. Entre tanta crueldade e destrución hai sempre quen se enriquece. As ditaduras permiten sen ningún escrúpulo que os ditadores engorden abruptamente o seu patrimonio. Unha arañeira de operacións opacas e a colaboración de afoutos conseguidores súmanse a unhas administracións públicas entregadas ao espolio.

No caso dos Franco existen razoábeis dúbidas sobre a consecución das Torres de Meirás coa mutilación do Pazo de Bendaña en Dodro, a apropiación das pías de Moraime en Muxía e das tallas de Isaac e Abraham do Pórtico da Gloria ao que sumar ese gran tesouro coruñés que é a espléndida Casa Cornide.

A Casa Cornide consta duns 800 m 2 cun valor de mercado de varios millóns de euros. De fogar dos Cornide pasou a sede do concello e xa no franquismo a propiedade de Educación. Carmen Polo, muller de fastosos e requintados antollos, conseguiu facerse coa propiedade da casa cos eficaces oficios de Pedro Barrié.

A actual corporación municipal emprendeu accións cos ollos postos na recuperación para o público da Casa Cornide que aínda non foi declarada BIC. Nunca é tarde para reparar aquelas operacións opacas, desvelar a verdade e exercer a dignidade. Ao sr. Barrié seica lle tocaron na lotería do Nadal 180 millóns de pesetas de 1958. Polo que se ve aos Franco nunca deixou de tocarlles a lotaría. A Casa Cornide foi, sen dúbida, un premio gordo.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00