Política | Actualidad
Diputación Provincial Lugo

Infraestruturas, refuxios de animais e apoio ao deporte centran o pleno da Deputación de Lugo

Tamén van ao pleno distintos informes fiscalizadores do traballo do organismo provincial e das sociedades dependentes da propia Deputación lucense

Este martes 27 de marzo a Deputación Provincial de Lugo celebra o pleno ordinario do mes de marzo con distintas cuestións na orde do día relativas á provincia de Lugo.

Entre elas figuran cuestións sobre a Relación de Postos de Traballo (RPT) da Deputación Provincial de Lugo, distintas mocións do PSdeG, do BNG e do PP para a mellora das infraestructuras e outras dos nacionalistas e dos populares relativas aos refuxios de animais en concellos como Sarria ou Monforte.

O PSdeG tamén buscará que se aprobe instar ao CSD  e á Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia a que desenvolva un Plan de apoio económico para o deporte base no que se inclúa unha nova regulación laboral máis flexible das actividades remuneradas que se realizan no seo dos clubs e das entidades deportivas sen ánimo de lucro.

Ademais, darase conta de distintos informes fiscalizadores e de control relativos á Deputación de Lugo, a Sociedade Urbanística Provincial de Lugo, SA, o Consorcio Provincial para a prestación do servizo contra incendios e salvamento de Lugo e a Fundación para o Desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC), así como os rogos e preguntas habituais dos plenos ordinarios.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00