Hoy por Hoy PontevedraHoy por Hoy Pontevedra
Actualidad

Cristian Silva en el Set de Unplugged

Dende Carril, este músico polifacético visita os noso Set de Unplugged

Pontevedra

Cristian Silva é un músico polifacético con dominio en varios estilos e diversos instrumentos de todo tipo: vento, percusión, corda, tecla...

Entrevista a Cristian silva en Radio Pontevedra

10:40

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1523015812_916475/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Na súa formación podemos destacar o Titulo superior en instrumentos da música tradicional e popular polo Conservatorio superior de Vigo, Título Profesional de gaita, Máster en artes escénicas pola Universidade de Vigo e Máster de profesorado na Universidade de Santiago de Compostela. Tamén fórmase como artesán de instrumentos populares no obradoiro da Escola de Artes e Oficios de Vigo.

Foi profesor en diversos centros educativos, sendo na actualidade profesor de gaita no Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol.

Posúe unha ducia de primeiros premios en concursos de música tradicional, destacando o Premio Gaiteiro de Soutelo 2011. Podemos atopalo en diversas publicacións e gravacións discográficas, como en dúas edicións de Musgafol, Tradiphonías, Sentimentos de Alma Galega, Folk ó Forno, Fol de Feitizo redentor de Xosé Romero, Galicia ao noso xeito de Hugo e Yhadira, Discover de Carlos Núñez, Lobos de Davide Salvado ou en Gaita 2.1, Música do XXI ao xeito tradicional entre outras, onde aparece unha pequena mostra do seu traballo como compositor.

Entre a súa traxectoria podemos citar grupos como O Chupacabras, Canle Dadá, Os Xirifeiros, Santa Compaña, Ballet galego Rey de Viana, O Fiadeiro, Art-Monium, Vai de Baile, Xarabal, Pai da Cana, Pandeiromus, Rastrexos project, Turboláser, ou colaboracións con artistas como Óscar Ibáñez, Hevia, Susana Seivane, Carlos Núñez, Davide Salvado, Xose Manuel Piñeiro ou Lis Pardo entre outros.

En Decembro de 2015 presenta "EGO" o seu primeiro disco en solitario.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00