Deportes
PIRAGÜISMO

Campionato galego de inverno K-2 e C-2

Este evento deportivo terá lugar este sábado día 14 de abril no embalse de Velle, en Barra de Miño, Concello de Coles

Campionato Galego de Piragüismo de Inverno para K-2 e C-2, en Barra de Miño, concello de Coles, este sábado 14 de abril. Máis de 400 palistas, participarán neste gran evento deportivo / José manuel Fdez-Club Fluvial Allariz

Campionato Galego de Piragüismo de Inverno para K-2 e C-2, en Barra de Miño, concello de Coles, este sábado 14 de abril. Máis de 400 palistas, participarán neste gran evento deportivo

Ourense

O municipio de Coles acollerá, por segundo ano consecutivo, o Campionato Galego de Piragüismo para barcos de equipo (K-2 e C-2), este sábado día 14 de abril, ás 10:00 horas, no embalse de Velle, en Barra de Miño.

O presidente da Federación Galega de Piragüismo dixo que este campionato ¨é unha competición de alto nivel, o que se traduce nun gran evento deportivo. O que intentamos é que este deporte náutico se abra en Ourense, que conta cuns pantanos e uns ríos que son prefectamente navegables e inmellorables´.

O presidente do Club Piragüismo Allariz, José Manuel Fernández, salientou que celebrar este Campionato en Coles supón que mási de 2.000 persoas visiten este Concello Ourensán esta fin de semana, ¨un gran motivo para atraer visitantes e facer provincia¨.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00