Política
Medio rural

Adercou apoiou 17 proxectos en Ourense

A empresa "Maderas Rubén" ampliou a súa estratexia cara novas formas de venda mediante tecnoloxía web e aplicou sistemas de xeración de enerxía renovable, en Vilamarín.

Rubén Estévez, de Maderas Ruben, amósalle á conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, as instalacións da empresa. / Radio Ourense- Cadena Ser

Ourense

Dezasete proxectos recibiron na anualidade de 2017 apoio dentro da medida Leader do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020 na comarca de Ourense, xestionados polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) número 11 (Adercou).

A Asociación de Desenvolvemento Rural Comarca de Ourense (Adercou) é unha agruación sen ánimo de lucro que aglutina os ámbitos económico, social, cultural, veciñal, ambiental e profesional da comarca de Ourense, co fin de executar o Leader neste territorio. Reúne un total de 17 concellos (incluída a capital provincial), cunha poboación que supera os 150.000 habitantes. No período de programación 2014-2020, esta asociación xestiona arredor de 3 millóns de euros para dinamizar a súa área de influencia.

En total, na provincia ourensá son seis os GDR constituídos a día de hoxe (Valdeorras, Sil-Bibei-Navea, Monteval, A Limia-Arnoia, Carballiño-Ribeiro e Adercou). En conxunto, no bienio 2017-2018 estes grupos apoian un total de 83 proxectos, cunha axuda que suma 5,1 millóns de euros.

Con estas axudas, a empresa Maderas Rubén ampliou a súa estratexia cara novas formas de venda mediante tecnoloxía web e aplicou sistemas de xeración de enerxía renovable, en Vilamarín; reformouse unha edificación existente para residencia de persoas maiores, con 22 prazas, en Coles; neste mesmo municipio, en Paradela, dotouse unha zona de lecer con xogos para os cativos e área biosaudable para maiores; rehabilitouse unha casa para o seu uso como casa-centro de emerxencia social para colectivos desfavorecidos na Peroxa; no mesmo concello, introducíronse diferentes melloras nunha adega (zona de lavandería e fitosanitarios) e fixéronse, tamén, melloras tecnolóxicas nunha industria de fabricación de pan e bolería en Ramirás.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00