Deportes
PIRAGÜISMO

O descenso do Miño celebra as vodas de ouro

O descenso do Miño celebra as vodas de ouro coa participación de 500 palistas

Presentación no salón de plenos do Concello de Ourense,das vodas de ouro do descenso do Miño 2018. / Pepe Gonzalez

Presentación no salón de plenos do Concello de Ourense,das vodas de ouro do descenso do Miño 2018.

Ourense

Os pioneiros do descenso protagonizan o cartel desta edición, e estiveron arroupando a presentación da proba puntuable para as ligas galegas cadete, júnior e sénior. O sábado 23 tomarán a saída 38 equipos, cun total de 387 embarcacións para 497 deportistas.

Esta tradición comezou en 1.964, con catro piragüistas en dúas piraguas que foron transportadas até Os Peares, segundo recordaban na presentación algúns dos pioneiros deste deporte, no camión do lixo do Concello.

En todo este tempo mudaron as formas e, sobre todo, o número de deportistas federados (4.250 licencias federativas en Galicia). Pero non '' o tesón  para navegar os nosos ríos'', en palabaras de Alfredo Bea, presidente da Federación Galega de Piragüismo.

A proba, organizada polo Consello Municipal de Deportes, comezará ás 17.30 horas, nos Peares, e a chegada dos case medio milleiro de palistas será no encoro de Velle.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00