Hora 14 LugoHora 14 Lugo
Actualidad
Periodismo

Xornalistas Galegas: “creemos que entre todas podemos hacer algo grande”

Unas doscientas profesionales de la comunicación de Galicia conforman este colectivo

Xornalistas Galegas

Lugo

Unas doscientas trabajadoras del ámbito de la comunicación conforman por el momento el colectivo Xornalistas Galegas, que nace con el objetivo final de "conseguir un periodismo con perspectiva de género".

En la última reunión de este sábado en Santiago de Compostela, lo que consideran como "el inicio oficial", procedieron a la lectura y firma del manifiesto, y por el momento están dándose a conocer en las redes sociales y creando perfiles y la página web.

Juana Carrera, periodista lucense y miembro del colectivo, ha explicado que "hay que llegar a muchos ámbitos pero creemos que era importante dar a conocer que existe este movimiento, que nos estamos formando y que es un movimiento abierto, por lo que esperamos que muchas más profesionales de la comunicación se unan. Creemos que entre todas, siendo solidarias y con esa perspectiva feminista del periodismo, podemos hacer algo grande".

Juana Carrera, periodista, sobre Xornalistas Galegas

00:26

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1531131790_230683/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Entre los objetivos que recoge el manifiesto bajo el título "Por un xornalismo feminista", están "visibilizar a la mujer en los medios de comunicación, desestigmatizar la presencia de la mujer y evitar los roles sexistas, instaurar un tratamiento específico de violencia de género o incrementar la presencia de las mujeres en los puestos de responsabilidad".

Xornalistas Galegas surge a raíz del 8 de marzo y está "en colaboración con otras asociaciones o plataformas y con el movimiento Las Periodistas Paramos, de Madrid". La presentación oficial se hará en un acto "a la vuelta del verano". El colectivo ha habilitado una dirección de correo electrónico para aquellas trabajadoras que quieran unirse al proyecto: organizacionmulleres@gmail.co

manifesto por un xornalismo feminista

Mulleres profesionais de todos os ámbitos da comunicación, xornalistas, fotoxornalistas, comunicadoras, formadoras, investigadoras, técnicas audiovisuais e demais produtoras de información en calquera soporte mediático, coincidimos na necesidade de articular un colectivo profesional feminista que impulse a produción dun xornalismo con perspectiva de xénero que se reflicta tanto na información que xeramos como nas condicións en que a elaboramos, é dicir, un xornalismo con perspectiva de xénero externa e interna. Como mulleres padecemos o machismo do mesmo xeito que todas as nosas iguais e como xornalistas estamos suxeitas a unhas condicións profesionais e laborais específicas que perpetuan a desigualdade de xénero dun xeito que consideramos inasumible. Na nosa doble condición de mulleres xornalistas enfrentámonos como noutros sectores á precariedade laboral, a fenda salarial, o teito de cristal, o chan pegañento, o ninguneo ou o paternalismo. Pero tamén á contradicción de formar parte dunha poderosa maquinaria de creación de opinión, o chamado cuarto poder, que demasiadas veces non achega ao mundo a necesaria loita pola igualdade que todas e todos debemos esixir aos medios, empresas e entidades de comunicación. Porén, a nosa condición de xornalistas outórganos tamén unha oportunidade única de revertir esta situación e incidir na creación dunha corrente de opinión masiva que esixa aos medios de comunicación e plataformas informativas públicas e privadas un xornalismo implicado co feminismo e a igualdade real. Temos nas nosas mans o maior altofalante da sociedade actual: os medios de comunicación, axentes socializadores e formadores de opinión. De nós depende comprometelos coa causa feminista na procura da erradicación definitiva do machismo e o sexismo. Depende só de nós, pero de todas nós. Por iso imos traballar unidas, conformando unha rede de seguridade para todas as mulleres xornalistas –entendedo sempre o termo en sentido amplo, como todas as que facemos posible os constidos informativos- de modo que ningunha volva sentirse soa nesta causa. Porque despois das mobilizacións masivas en toda Galicia e en toda España o 8M, as mulleres e nomeadamente as mulleres xornalistas, temos aprendido que as nosas voces xuntas chegan ata onde nós decidamos. Témonos empoderado nun momento histórico clave para o desenvolvemento futuro da muller e temos substituído a vella concepción do xornalismo como un oficio competitivo e individualista pola idea renovada dun xornalismo colectivo e solidario que aúne forzas para o ben común. E o noso ben común non é outro que un xornalismo honesto e comprometido que só se pode acadar se interioriza de xeito definitivo a perspectiva de xénero para acadar unha sociedade xusta e igualitaria. O xornalismo será feminista, ou non será. Por iso as asinantes deste manifesto comprometemos o noso esforzo conxunto para crear un colectivo de xornalistas feministas galegas que permita avanzar na consecución dos seguintes obxectivos: 1. Visibilizar á muller nos medios de comunicación, como especialistas, opinadoras e expertas en diferentes ámbitos, equiparando a súa presenza coa masculina. 2. Desestigmatizar a presenza da muller na información a través da erradicación de ofensas de xénero, roles sexistas, estereotipos de xénero e difundindo iniciativas que contribúan á igualdade. 3. Instaurar o tratamento especializado da violencia de xénero nos contidos dos medios a través da formación deontolóxica e a instalación da perspectiva feminista nos editores de contidos. 4. Realizar unha "vixilancia feminista" dos contidos dos medios e denuncia pública e directa das publicacións machistas ou sexistas. 5. Promover iniciativas profesionais feministas que eduquen e xeren conciencia social. 6. Incrementar a presencia das mulleres nos postos de responsabilidade das empresas de comunicación e rachar o teito de cristal. 7. Controlar o cumprimento real das medidas de conciliación familiar e laboral con especial atención á particularidade dos horarios dos medios de comunicación e tarefas xornalísticas en xeral. 8. Avaliar e reorientar a situación laboral da muller en ámbitos concretos da produción xornalística –acabar coas temáticas femininas, atención ás xornalistas deportivas, eliminación de estigmas laborais de xénero... 9. Integrarnos nas iniciativas de xornalistas e comunicadoras feministas estatais vinculadas á plataforma Las periodistas paramos, xurdida a raíz das mobilizacións do 8 de Marzo de 2018. 10. Colaborar con outras iniciativas feministas e entidades do ámbito da comunicación implicadas na consecución dun xornalismo con perspectiva de xénero. Santiago, 7 de xullo de 2018.

Escucha la radioen directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después de la publicidad

En directo

A continuación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Compartir

Suscríbete

Tu contenido empezará después de la publicidad