Creación de unha nova competición de fútbol 8 feminino
A comisión de fútbol feminino da Real Federación Galega de Fútbol, propón a creación dunnha nova competición de Fútbol 8 conxunta para as categorías alevín, benxamín e prebenxamín

A Comisión de fútbol femenino da RFGF propón a creación dunha nova competición de fútbol 8 conxunta para as categorías alevín, benxamín e prebenxamín. / Yedra Seara

Ourense
O obxectivo é fomentar o fútbol base feminino cunha competición a nivel autonómico. O proxecto conta cun importante respaldo económico por parte da Real Federación Galega de Fútbol.
A Comisión de Fútbol da Real Federación Galega de Fútbol acordou na sua última reunión, realizar unha proposta de nova competición que deberá ser aprobada e ratificada pola Comisión Delegada en primeiro lugar e pola Asamblea Xeral en último término.
Trátase dunha competición exclusiva de fútbol base feminino, que sería a primeira na historia en Galicia.O obxectivo é dar un paso cara adiante co fin de crear unha base na que poida asentarse o futuro do fútbol feminino en galego.
A protosta é crear unha competición nas que se unen as categorías, alevín,benxamín e prebenxamín, podendo xogar rapazas de todas as idades que abranguen as tres categorías. Elixiuse esta opción porque a patir de 12 anos xa está permitido que xoguen con equipos de categoría senior e, de feito, moitas infantís e cadetes militan en equipos da Segunda División Autonómica.
Os Clubs interesados xa poden formalizar a pre-inscrición en esta nova competición, pois a mesma non poderá ser oficial ata que sexa ratificada a súa creación pola Comisión Delegada primeiro e pola asamblea xeral.




