O Campamento Urbano pecha con éxito de participación
Preto dun milleiro de rapaces voltaron a participar nunha cita xa tradicional nos veráns de Ourense

Os participantes, na escaleira de Santa María Nai / Alvaro Rodriguez

Ourense
Chega ó seu final unha nova edición do Campamento Urbano de Amencer, toda unha institución nos veráns da cidade e que, de novo, volveu rexistrar altas cifras de participación: 800 rapaces de entre oito e dezaséis anos; cento sesenta maiores de dezaséis que formaron parte do campamento xuvenil e; a maiores, cento cincuenta antigos participantes que exerceron de monitores.
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Las participantes en el Campamento Urbano valoran las actividades
En total, preto dun milleiro de persoas implicadas que copaban as escaleiras de santa María Nai, na praza maior, para recibir o agradecemento, en nome de toda a cidade, do alcalde en funcións, José Araújo.
Os rapaces voltan agora a casa despois de recorrer a cidade, coñecer o traballo de institucións coma a Cruz Vermella ou os bombeiros, e como mellor recordó, según recoñecían, de coñecer a xente nova.

Álvaro Rodríguez de Uña
Nacido en 1988 en Ourense, y licenciado en periodismo por la Universidad de Navarra. Se incorpora a...




