Últimas noticias Hemeroteca

Sábado, 14 de Diciembre de 2019

Otras localidades

Deporte e natureza na BTT Trevinca-Desafío Starlight

A Deputación de Ourense, colabora con este evento deportivo que terá lugar o día 2 de setembro, no municipio da Veiga

A Deputación de Ourense, colabora con este evento que aglutina, natureza en estado puro e deporte, dando a coñocer esta zona ourensá de A Veiga. /

O Municipio da Veiga prepárase para acoller a segunda edición da súa ruta de montaña, a BTT Trevinca- Desafío Starlight, que terá lugar o día 2 de setembro, e que ofrece aos participantes tres posibles rutas de diferentes distancias. A presentación deste evento deportivo tivo lugar no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde da Veiga, Juan Anta; e o director deportivo do evento, David Álvarez.

O alcalde da Veiga dixo que actualmente xa están inscritos '' 130 participantes entre os que se atopan campións de España, aínda que esperamos chegar aos 250 participantes da pasada edición''. Asemade, Juan Anta destacou o atractivo natural e paisaxístico do municipio da Veiga e asegurou que os participantes da proba que '' percorrerrán o teito de Galicia e o segundo grupo lagunar máis importante da península, poderán gozar da esencia da montaña que se mantén intacta e que é compatible con este tipo de probas de nivel que nos permiten dar a coñocer o noso territorio''.

Os interesados en participar poderán inscribrise na web www.galitiming.com, sendo o custe da inscrición para a ruta longa e media de 18 euros e para a curta de 12 euros.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?