Así soou o Feito a Man na SER

Un momento da actuación de Talabarte, na Vía Sacra / Rubén Martínez - Feito a Man

Santiago de Compostela
O festival Feito a Man foi, un ano máis -e xa van quince!-, o protagonista musical do agosto compostelán. 67 espectáculos e 57 bandas ou solistas tomaron durante 26 días as rúas e prazas da Cidade Vella e, tamén, o estudio de Radio Galicia-Cadena SER. Por aquí pasaron, en acústico, con formacións reducidas, en solitario... 16 artistas deixándonos unha mostra do que ese día, ou o seguinte, podería escoitarse na rúa. Coa mestura de Tony España, velaí tedes o resumo do que foi o Feito a Man 2018 na SER. Dádelle volume!!!
Cancións de:
Senza (00:00)
Quique Gómez & Curro Serrano (2:46)
Esposa (5:05)
María Reis (7:54)
Nastasia Zürcher (9:55)
Mad Martin Trío (13:00)
Soul Maxín (14:47)
Soulwide (18:00)
Los Vagos de Lalín (21:06)
Choro Alegre (23:53)
Soul Train (26:10)
Pedro Luis Ferrer (29:09)
Alfredo García Quintet (30:51)
Dani Barreiro... e un espontáneo (34:21)
Som do Galpom (37:29)
Espiño (41:08)




